Juventude Pacense e Braga, primeiras dúas probas na #Pretemporada2025
Os dous amistosos terán lugar en Portugal o 27 e o 28 de agosto.
Os dous amistosos terán lugar en Portugal o 27 e o 28 de agosto.
Doutor en Ciencias do Deporte, entre outros méritos, empezará a traballar na pretemporada que se iniciará o 11 de agosto.
Permanecen as mesmas modalidades de carnet. Un ano máis, formalizaranse online mediante a plataforma Cluber. Os socios residentes en Cataluña poderán solicitar entradas gratuitas para os partidos que se disputen nese territorio. Os Liceístas de menor idade entrarán gratis a tódolos partidos se cumpren certos condicionantes.
O ata agora preparador físico e analista pecha catro temporadas de liceísmo.
Os catro causan baixa tras finalizar os seus respectivos contratos. O club agradécelles o gran compromiso demostrado durante todo este tempo e deséxalles sorte nos seus novos retos.
O segundo conxunto do Liceo, subcampión da categoría Senior, participará en categoría nacional tralo ofrecemento da Federación Galega de Patinaxe.
O Liceo cae no Palau ante un Barça que se coloca 2-0 na serie. Dita eliminatoria trasladarase o venres a Riazor (20:30h).
O Barça leva o asalto inicial da Final polo título. Este luns celebrarase o segundo, tamén no Palau Blaugrana (20:30h).
O Deportivo Liceo e o Barça enfrontaranse no terceiro partido polo título da OK Liga, ó mellor de cinco (venres 20, 20:30h). O público xeral poderá acudir a Riazor adquirindo entradas a tan só 7€.
O Liceo exhibe ó máximo o seu instinto de supervivencia, forza a prórroga a falta de tres segundos grazas a Dava e César e logra o triunfo co gol definitivo de Nil Cervera. Supera ó Reus nas semifinais pola vía rápida e enfrontarase ó Barcelona nas finais.
O Liceo de Juan Copa vence con claridade ó Reus e ponse a unha soa vitoria máis da final polo título. A eliminatoria trasladarase o venres a Cataluña. En caso de ser necesario, xogaríase de novo o domingo.
Deportivo Liceo e Reus volverán a xogar en Riazor trala vitoria verdibranca no primeiro partido (domingo, 12:30h).
O Liceo leva o primeiro partido de semifinais tras vencer ó Reus en penaltis.
Deportivo Liceo e Reus enfrontaranse en Riazor no primeiro partido da serie (venres 30, 20:30h).
Os de Juan Copa non fallan ante un Riazor extraordinario e selan o pase ás semifinais polo título.