16 de xuño de 2025
O Liceo cae no Palau ante un Barça que se coloca 2-0 na serie.
Dita eliminatoria trasladarase o venres a Riazor (20:30h).
O segundo partido das finais no lle saiu ben ó Deportivo Liceo, que viu como o Barça sumou o segundo punto da Final polo título de OK Liga. A serie trasladarase a Riazor o vindeiro venres (20:30h) cun conxunto culé que aínda necesita un triunfo máis para alzar o trofeo.
Nesta nova visita ó Palau Blaugrana, o primeiro golpe chegou para os de Copa no minuto inaugural, cando Ferran Font mandou á rede un disparo lonxano. O peor inicio posible. Unha saída moi dura para o Liceo, que a pesar de mellorar as súas prestacións segundo pasaba o tempo non atopou o gol. O que si logrou un Barça con máis acerto. Foi Marc Grau quen dobrou a vantaxe culé no minuto 7, ó aproveitar un rexeite.
Un Barça con máis puntería
Tampouco a sorte sorriu ós de Juan Copa unha vez encaixado ese 2-0. A oportunidade máis clara para os intereses coruñeses foi para Fabri Ciocale, que cun remate de habilidade mandou a bóla ó longueiro para que botara xusto na liña de gol. Inmediatamente despois dese posible 2-1 chegou o 3-0, obra de Barroso ó rematar un pase hacia atrás de Sergi Llorca.
O encontro complicouse desde o minuto 1 debido ó gol de Ferran Font
Outro factor clave foron as faltas, que no caso liceísta foron numerosas. Non había chegara o descanso cando os árbitros xa sinalaron a décima. Afortunadamente para os verdibrancos, unha boa intervención de Martí Serra evitou o tanto de Alabart.
Segunda parte aínda sen sorte
A bóla parada deulle o mesmo resultado a César Carballeira, que tras un penalti sobre Dava non puido superar a Sergi Fernández. Chegou entón a terceira acción dese estilo dentro do partido, unna que lanzou Alabart aproveitando a tarxeta azul vista por Pablo Cancela. Esta vez o 3 dos locais si gañou a Martí, colocando o 4-0.
Logrado o cuarto tampouco tardou o quinto, responsabilidade de Marc Grau. A situación xa era entón moi complicada de superar para os visitantes. Sergi Llorca agravouna co 6-0 definitivo. O venres será o turno de Riazor.
FICHA TÉCNICA
BARÇA: Sergi Fernández; Ignacio Alabart, Ferran Font, Marc Grau, Sergi Llorca (quinteto inicial), Pablo Álvarez, Xavi Barroso, Sergi Aragonès, Eloi Cervera e Carles Grau (meta suplente).
DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Nil Cervera, Arnau Xaus, César Carballeira, Dava Torres (quinteto inicial), Jacobo Copa, Fabri Ciocale, Bruno Saavedra, Pablo Cancela e Martín Rodríguez (meta suplente).
ÁRBITROS: David Cantos e Alberto Pérez. Mostraron tarxeta azul ó liceísta Pablo Cancela.
GOLES: 1-0 (Ferran Font, min. 1). 2-0 (Marc Grau, min. 7). 3-0 (Xavi Barroso, min. 18). 4-0 (Ignacio Alabart, min. 31). 5-0 (Marc Grau, min. 31). 6-0 (Sergi Llorca, min. 47).
INCIDENCIAS: Playoffs polo título da OK Liga 24/25. Partido 2 da Final. Palau Blaugrana (Barcelona).