28 de maio de 2025
Deportivo Liceo e Reus enfrontaranse en Riazor no primeiro partido da serie (venres 30, 20:30h).
O público xeral contará novamente con entradas a tan só 7€.
Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.
O Deportivo Liceo e o Reus protagonizarán a partir deste venres día 30 unha das dúas eliminatorias de semifinais. Continúan en marcha os Playoffs polo título da OK Liga, neste caso ó mellor de cinco encontros. Desde este momento xa é posible conseguir as entradas para acudir ó primeiro deles, co Pazo dos Deportes como anfitrión (20:30h).
Os pases para o partido xa se atopan á venda de forma online mediante a plataforma Cluber. Tamén se poderán adquirir físicamente nas taquillas de Riazor, que abrirán desde unha hora antes do comezo do encontro (19:30h). O custo do pase (7€) será o mesmo independientemente do xeito do que se merque.
Socios e abonados gratis
Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.
Portas abertas para os máis pequenos
Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.
Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):