#LiceoBarça | ENTRADAS para o terceiro partido da gran final!

#LiceoBarça | ENTRADAS para o terceiro partido da gran final!

13 de xuño de 2025


O Deportivo Liceo e o Barça enfrontaranse no terceiro partido polo título da OK Liga, ó mellor de cinco (venres 20, 20:30h).

O público xeral poderá acudir a Riazor adquirindo entradas a tan só 7€.

Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.

A gran final polo trofeo da OK Liga pasa a Riazor, onde loitarán Deportivo Liceo e Barça. O terceiro partido da serie deberá contar coa afección liceísta, que desde hoxe xa pode adquirir as súas entradas.

Os pases para dito encontro xa se atopan á venda de forma online mediante a plataforma Cluber. Tamén se poderán adquirir físicamente nas taquillas de Riazor, que abrirán desde unha hora antes do comezo do encontro (19:30h). O custo do pase (7€) será o mesmo independientemente do xeito do que se compre.

Socios e abonados gratis

Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.

Portas abertas para os máis pequenos

Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.

Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):

Deixa un comentario