ABONOS 25/26 | Ti tamén xogas: sé parte do Liceo!

ABONOS 25/26 | Ti tamén xogas: sé parte do Liceo!

1 de xullo de 2025


Permanecen as mesmas modalidades de carnet. Un ano máis, formalizaranse online mediante a plataforma Cluber.

Os socios residentes en Cataluña poderán solicitar entradas gratuitas para os partidos que se disputen nese territorio.

Os Liceístas de menor idade entrarán gratis a tódolos partidos se cumpren certos condicionantes.

Aproxímase o curso 25/26 e a Campaña de Abonos do Liceo xa é unha realidade. Ti tamén xogas. Serás parte indispensable dunha gran aventura que non se entenderá sen o apoio da gran afección Liceísta.

As modalidades para axudar ó Club non cambian con respecto ás últimas temporadas. Existirán ata tres modalidades diferentes de carnet, cada un coas súas especificacións e prezos diferenciados durante o mes de xullo e os seguintes:

  • SOCIO INDIVIDUAL: Válido para unha soa persoa. Contará cun prezo de 50€ ata o 31 de xullo de 2025 (incluido). Posteriormente serán 55€.
  • SOCIO FAMILIAR: Terá un valor de 80€ ata o 31 de xullo (incluido) e permitirá incluir ata un máximo de catro carnets. Deberán formar parte do mesmo núcleo familiar. Desde o 1 de agosto ascenderá a 85€.
  • SOCIO PROTECTOR: O prezo ata o 31 de xullo incluido ascende a 300€, sendo 305€ desde o 1 de agosto. Implica ata seis carnets sexan ou non da mesma familia. Tamén inclúe unha camiseta asinada por todo o plantel do Liceo.

Para darse de alta ou renovar existirá, como é habitual, a opción online vía CLUBER a través do seguinte enlace:

https://lc.cx/3Z77Sw

O abono tamén poderá formalizarse de xeito presencial nas oficinas do club, situadas no Colexio Liceo La Paz.

Entradas de balde para os socios de Cataluña

Continuando coa idea iniciada no curso 23/24, os socios residentes no territorio catalán poderán solicitar entradas totalmente de balde. Estas servirán para os partidos que o Liceo dispute na zona.

Os pases solicitaranse vía correo electrónico a administracion@hockeyclubliceo.com e repartiranse por estricta orde cronolóxica. Corresponde unha entrada para cada socio, é dicir: unha para un carnet individual e catro, por exemplo, se o solicitante conta cun carnet familiar de catro integrantes.

As peticións deberán realizarse antes das 21:00h do martes previo a cada partido, se celebre en sábado/domingo ou entre semana. As recibidas despois de prazo non poderán ser atendidas.

Portas abertas para os máis pequenos

Os Liceístas máis pequenos, como tamén ocorreu en anteriores temporadas, continuarán coa opción de entrar de forma totalmente gratuita a Riazor se cumpren un dos seguintes dous requisitos:

  • Alumnos do Colexio Liceo La Paz de tódalas idades.
  • Poseedores dunha ficha federativa de hockey sobre patíns (ata 12 anos), unha vez abra o período de licencias.

Súmate ó Liceo 25/26 e vive connosco outra gran aventura!

Deixa un comentario