#PlayoffsOKLiga | ENTRADAS para o segundo #LiceoReus de Semifinais

#PlayoffsOKLiga | ENTRADAS para o segundo #LiceoReus de Semifinais

31 de maio de 2025


Deportivo Liceo e Reus volverán a xogar en Riazor trala vitoria verdibranca no primeiro partido (domingo, 12:30h).

O público xeral contará novamente con entradas a tan só 7€.

Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.

Con apenas 48 horas de diferenza co primeiro partido, Deportivo Liceo e Reus prepáranse xa para o segundo das Semifinais polo título. Desde este momento xa é posible conseguir as entradas para acudir ó encontro, co Pazo dos Deportes outra vez como escenario (12:30h).

Os pases para o partido xa se atopan á venda de forma online mediante a plataforma Cluber. Tamén se poderán adquirir físicamente nas taquillas de Riazor, que abrirán desde unha hora antes do comezo do encontro (11:30h). O custo do pase (7€) será o mesmo independientemente do xeito do que se compre.

Socios e abonados gratis

Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.

Portas abertas para os máis pequenos

Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.

Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):

Deixa un comentario