27 de xuño de 2025
Imaxe: MANU BOUTUREIRA.
O ata agora preparador físico e analista pecha catro temporadas de liceísmo.
Marc Godayol Prada non continuará no Hockey Club Liceo. Decidiuno así o ata agora preparador físico e analista do club, unha vez rematado o curso 24/25.
Con esta foron ata catro as temporadas con “Gudy” como responsable principal do estado físico do primeiro equipo, así como das labores de análise relacionadas cos rivais e os encontros. Durante a primeira delas, a 21/22, aportou o seu grao de area na consecución tanto da Supercopa de España como da OK Liga.
Ademáis de todo, por se fora pouco, tamén dirixiu ó equipo Junior da nosa Base durante un curso.
Non podemos senón desexarlle todo o mellor na súa vida e no seu futuro profesional. A súa cercanía e traballo serán difíciles de substituir. Ata outra, Marc, e GRAZAS!