21 de xuño de 2025
Os catro causan baixa tras finalizar os seus respectivos contratos.
O club agradécelles o gran compromiso demostrado durante todo este tempo e deséxalles sorte nos seus novos retos.
Fabrizio Ciocale, Martí Serra, Pablo Cancela e Franco ‘Tato’ Ferruccio non formarán parte do Deportivo Liceo 25/26. Os catro xogadores desvincularanse do club verdibranco unha vez rematen os seus respectivos contratos, sendo libres así para elixir o seu novo destino profesional. O Deportivo Liceo non pode senón agradecer o gran compromiso demostrado por todos eles, ademáis de desexarlles a maior das sortes nos retos que agardan.
Fabrizio Martín Ciocale (San Juan, Arxentina, 1998) chegou a Galicia no año 2016, con só 17 anos, e desde entón formou parte do Liceo en varias etapas. A primeira delas durou ata 2021, incluindo unha breve estancia como cedido no Braga portugués.
Tras ela uniuse ó Valdagno de Italia, e desde 2022 ata a actualidade púxose de novo ás ordes de Juan Copa. Na súa traxectoria como Liceísta conta coa Copa do Rei do 2021, gañada no Pazo dos Deportes de Riazor.


Martí Serra Molist (Sant Hipòlit de Voltregà, 1996) aterrizou na Coruña no verán de 2022 procedente do Lleida, cunha gran bagaxe tanto na máxima competición nacional como na Selección Española. Desde entón acumulou un total de tres temporadas defendendo a portería do Deportivo Liceo, aportando seguridade e carácter.


Pablo Cancela Moll (A Coruña, 1988) regresou ó Liceo no verán de 2023, despois do seu paso polas categorías inferiores. Unha estancia que culminou co seu debut no primeiro equipo no ano 2005.
Pablo foi un “koruño” máis das plantillas máis coruñesas da historia do club, aportando calidade e goles; aínda que a súa segunda temporada quedou desafortunadamente marcada por unha grave lesión de ligamento cruzado. Sen embargo, reapareceu nos compases finais do curso para seguir axudando na pista.


Tato Ferruccio (San Juan, Argentina, 1997) uniuse ó Liceo no verán de 2024 tras varias campañas exitosas no Tomar de Portugal, dentro dun contrato dun ano prorrogable que finalmente non se extendeu. Durante este curso 24/25 foi un dos dous arxentinos de San Juan que formaban a plantilla.
Ferruccio foi clave nos compases finais da temporada, con varios goles de gran importancia dentro dos playoffs polo título da OK Liga; concretamente na eliminatoria de semifinais ante o Reus Deportiu, onde anotou o empate decisivo do primeiro partido e abriu o marcador no segundo.


Moita sorte ós catro, que seredes #LiceístasParaSempre!