1 de xuño de 2025
Dava Torres celebra o 2-0. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.
O Liceo de Juan Copa vence con claridade ó Reus e ponse a unha soa vitoria máis da final polo título.
A eliminatoria trasladarase o venres a Cataluña. En caso de ser necesario, xogaríase de novo o domingo.
Se o primeiro encontro foi de igualdad e suspense, o segundo foi un monólogo verdibranco. O Deportivo Liceo superou claramente ó Reus e axenciouse o segundo punto das semifinais, poñéndose xa a só un máis de oficializar o pase á final pola OK Liga.
Non pasaran nin 48 horas desde a bala inicial da serie, unha que conseguira o Liceo despois dunha interminable tanda de penaltis. Polo mostrado físicamente nesta segunda, ninguén o tería imaxinado. Foron os de Juan Copa quen levaron a voz cantante no primeiro acto, dándolle traballo a Ballart.
Inicio fulgurante do Liceo
César Carballeira e Fabri Ciocale foron os que inauguraron a serie de avisos que recibiu o meta reusense, ó que só lle faltou multiplicarse. Non evitaría o inevitable.
O gol era cuestión de tempo e finalmente chegou co nome do Tato Ferruccio, un dos heroes do primeiro encontro. Esta vez bateu ó porteiro rival cun disparo lonxano potente, para delirio dun ruidoso Riazor.
Finiquito na segunda parte
As 2.000 persoas que acudiron ó Pazo seguiron recibindo boas novas dun equipo que non deixou de demostrar a súa ambición. Ós cinco minutos da reanudación dobrou a vantaxe grazas a unha gran xogada individual do capitán Dava Torres, que avanzou polo costado dereito e superou a Ballart cunha virguería (2-0, minuto 30). Un gol que xa rozara César anteriormente, cun man a man que si neutralizou o meta visitante.
Jacobo Copa uniuse á festa co 3-0, un resultado moito máis representativo do que estaba ocorrendo. O Liceo tiña todo controlado. A partir dese momento dedicouse a xestionar ben as posesións de bóla e a gardarse mellor as espaldas cando era propiedade do conxunto de Jordi Garcia.
Os cataláns non foron capaces de superar a barreira verde. Non só iso, senón que recibiron un tanto máis. Foi de Arnau Xaus tralo rexeite dunha directa que el mesmo lanzou. Final, 4-0 e a pensar na visita a Reus (venres 6, 21:00h).
FICHA TÉCNICA
DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Arnau Xaus, César Carballeira, Dava Torres, Bruno Saavedra (quinteto inicial), Nil Cervera, Jacobo Copa, Fabri Ciocale, Tato Ferruccio e Martín Rodríguez (meta suplente).
REUS DEPORTIU: Càndid Ballart; Maxi Oruste, Marc Julià, Martí Casas, Guillem Jansà (quinteto inicial), Joan Salvat, Pol Martínez, Diego Rojas, Carles Casas e Nil Viña (meta suplente).
ÁRBITROS: Iván González e Alberto Pérez. Sen tarxetas.
GOLES: 1-0 (Tato Ferruccio, min. 11). 2-0 (Dava Torres, min. 30). 3-0 (Jacobo Copa, min. 35). 4-0 (Arnau Xaus, min. 46).
INCIDENCIAS: Playoffs polo título da OK Liga 24/25. Partido 2 de Semifinais. Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña).