O equipo Senior disputará a OK Bronce 25/26

O equipo Senior disputará a OK Bronce 25/26

18 de xuño de 2025


O segundo conxunto do Liceo, subcampión da categoría Senior, participará en categoría nacional tralo ofrecemento da Federación Galega de Patinaxe.

O curso 25/26 significará para o Senior liceísta o regreso á competición de carácter nacional. O Deportivo Liceo, trala proposta enviada pola Federación Galega de Patinaxe, decidiu aceptar unha praza na OK Bronce.

Os resultados froito da Final 4 da categoría Senior deixaron ó Hockey Club Raxoi como campión, aínda que a presenza do seu primeiro equipo en Bronce invalidaba calquera posibilidade de ascenso. Dentro desta situación, o Liceo (subcampión) contaba co dereito a optar á mencionada praza no terceiro escalón nacional.

Desde o Deportivo Liceo non podemos senón celebrar este gran paso para a nosa Base, agradecendo á vez o bo entendemento coa Federación Galega de Patinaxe e o Hockey Club Raxoi.

Deixa un comentario