6 de febreiro de 2025
Fabri pugna cun xogador do Dinan Quévert no duelo da primeira volta. Imaxe: DINAN QUÉVERT.
O Liceo recibirá ó Dinan Quévert en Riazor dentro dun partido que pode selar o pase a Cuartos de Final.
Só tres partidos de Fase de Grupos por diante. Febreiro decidirá que equipos pasan ós Cuartos de Final da Champions e dúas desas probas xogaranse en Riazor: a primeira este xoves 6 (20:30h) coa visita do Dinan Quévert. Será unha bóla de partido para o Deportivo Liceo, que no mellor dos casos xa podería selar matemáticamente a clasificación para a seguinte rolda.
Este encontro estará dirixido polos árbitros Pedro Figueiredo e Joaquim Costa (Portugal).
Posibilidade de clasificación
O equipo comandado por Juan Copa depende de si mesmo para verse en Cuartos. Actualmente suma 9 puntos e é terceiro dentro do Grupo B, un no que os catro primeiros sobrevivirán á Fase. Son as mesmas unidades que o Oliveirense, aínda que con mellor golaveraxe (0 contra -1). Na eliminación momentánea, por outro lado, viven agora mesmo o Valongo e o propio Quévert.
O Liceo ocupa actualmente a terceira posición do Grupo B, a penúltima que premia coa clasificación para Cuartos
A clasificación da Fase de Grupos a tres xornadas da súa finalización é a seguinte (en cursiva os conxuntos en postos de Cuartos de Final):
- 1º – BENFICA | 19 puntos
- 2º – TRISSINO | 14 puntos
- 3º – DEPORTIVO LICEO | 9 puntos
- 4º – OLIVEIRENSE | 9 puntos
- 5º – VALONGO | 4 puntos
- 6º – DINAN QUÉVERT | 3 puntos
A folla de ruta percorrida e por percorrer por parte do Liceo é a seguinte:
- XORNADA 1 | Trissino vs. DEPORTIVO LICEO | 21 de novembro | 5-2
- XORNADA 2 | DEPORTIVO LICEO vs. Oliveirense | 28 de novembro | 1-1
- XORNADA 3 | Dinan Quévert vs. DEPORTIVO LICEO | 5 de decembro | 1-6
- XORNADA 4 | AD Valongo vs. DEPORTIVO LICEO | 12 de decembro | 3-3
- XORNADA 5 | DEPORTIVO LICEO vs. Benfica | 9 de xaneiro | 0-0
- XORNADA 6 | Benfica vs. DEPORTIVO LICEO | 16 de xaneiro | 5-1
- XORNADA 7 | DEPORTIVO LICEO vs. AD Valongo | 30 de xaneiro | 2-0
- XORNADA 8 | DEPORTIVO LICEO vs. Dinan Quévert (6 de febreiro)
- XORNADA 9 | Oliveirense vs. DEPORTIVO LICEO (20 de febreiro)
- XORNADA 10 | DEPORTIVO LICEO vs. Trissino (27 de febreiro)
Co obxectivo de alongar o bo momento
Non é un mal momento nin por asomo para o Liceo, que acumula catro partidos seguidos sen encaixar xuntando OK Liga e Champions. Vén de gañar en cada unha das dúas competicións: en Europa ó Valongo (2-0) e na doméstica ó Vic (5-0).


Juan Copa, co obxectivo de alongar o máximo posible esta dinámica, xa só conta coa baixa de longa duración de Pablo Cancela. Tato Ferruccio, no dique seco durante mes e medio, xa é da partida e incluso participou na recente vitoria contra o Vic.
Así as cousas, os dez xogadores que intentarán sumar de tres contra o Dinan Quévert serán os seguintes:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2 | 4 goles en OK Liga
- Arnau Xaus | 3 | 17 goles en OK Liga e 2 en Champions
- César Carballeira | 5 | 10 goles en OK Liga e 4 en Champions
- Jacobo Copa | 7 | 4 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Dava Torres | Capitán, 8 | 7 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Fabri Ciocale | 9 | 4 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Bruno Saavedra | 13 | 5 goles en OK Liga e 3 en Champions
- Tato Ferruccio | 77 | 1 gol en OK Liga e 3 en Champions
Un Quévert disposto a aproveitar as súas opcións
O cadro francés, dirixido por Cirilo Garcia, non logrou arrincar na Champions. Conta aínda así con posibilidades de seguir loitando pola clasificación para Cuartos, pero para mantelas deberá gañar si ou si na súa visita a Galicia.


O precedente da primeira volta non xoga ó seu favor, posto que o Liceo venceu de forma contundente na Salle Némée. Ese 1-6 fraguouse grazas ós goles verdibrancos de Tato Ferruccio (3), Bruno Saavedra (2) e César Carballeira. Por parte do Quévert anotou Guido Pellizzari, precisamente un exliceísta.
Na N1 Elite de Francia, pola súa parte, o Quévert presenta un rendemento netamente superior. Son os actuais terceiros só por detrás do Coutras e o tamén europeo Saint-Omer, aínda que ambos se cuestionan nun escaso espazo de tres puntos.
Os xogadores que tratarán de sumar de tres no Pazo dos Deportes serán os seguintes:
- Bautista Acevedo | Porteiro, dorsal 22
- Enzo Callewaert | Porteiro, 89
- Ronan Ricaille | 4 | 1 gol en Champions
- Matteo Garcia | 6 | 3 goles en Champions
- Arthur Landrin | 7 | 1 gol en Champions
- Corentin Turluer | Capitán, 9
- Tomás Cardoso | 17 | 2 goles en Champions
- Guido Pellizzari | 54 | 2 goles en Champions
- Quentin Podevin | 62
- Facundo Almiñana | 67