#LiceoQuévert | ENTRADAS para a xornada 8 da Champions 24/25

#LiceoQuévert | ENTRADAS para a xornada 8 da Champions 24/25

4 de febreiro de 2025


O Deportivo Liceo recibirá ó Dinan Quévert francés este xoves 6 ás 20:30h. As entradas de público xeral terán novamente un custo de 7€.

Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.

Segue a WSE Champions League 24/25. O Pazo dos Deportes de Riazor volverá a ser a casa do Liceo na súa andadura europea, unha que neste caso recibirá a visita do Dinan Quévert francés. Esta oitava xornada da Fase de Grupos, que presenta un total de dez, xogarase o xoves 6 de febreiro ás 20:30h e volverá a contar con entradas á venda por tan só 7€ para o público xeral.

Os pases poderanse conseguir por dúas vías: a online mediante Cluber e a física nas taquillas de Riazor. Abrirán desde unha hora antes do encontro para a súa venda (19:30h).

Socios e abonados gratis

Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.

Se todavía non es socio, podes aproveitar os novos prezos da segunda volta para apoiarnos neste treito final de tempada: neste enlace podes formalizar o teu carnet.

Portas abertas para os máis pequenos

Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.

Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa:

Deixa un comentario