12 de decembro de 2024
Imagen: AD VALONGO | ADV TV.
O Valongo empata no último minuto de xogo tras aproveitar o power play dunha azul moi rigurosa.
O final do duelo entre Valongo e Liceo foi cruel. Tampouco exento de polémica. Sexa como sexa, os xogadores de Juan Copa sumaron un punto máis na súa viaxe pola WSE Champions League 24/25, acumulando xa un total de 5 que os manteñen nos postos que dan acceso ós Cuartos de Final.
En Europa non hai partido sinxelo. Nin sequera contra un teórico colista ou vicecolista. En Valongo houbo que remar, sobre todo cando Gabriel Azevedo aproveitou un gran pase de Carlitos Ramos para adiantar rápido ós locais. Un golpe que, como é habitual, non amedrentou ós homes de Juan Copa. Quedaba moito partido por diante.
Sobrevivir e remontar
Traballouse e sobreviviuse. Isto último houbo que aplicalo no penalti cometido sobre o catalán Kyllian Gil. Martí Serra detivo tanto a pena máxima como o seu rexeite e deulle ós seus compañeiros o impulso de moral definitivo para darlle a volta ó encontro.


Ocorreu, polo menos de xeito parcial. Inicialmente grazas a Arnau Xaus, hábil ó primeiro toque tras un pase do capitán Dava Torres. Gol que xa de por si era psicolóxico, ó estar preto da chegada do descanso. Antes de que o Valongo analizara as consecuencias deste golpe, César xa lle dara o 1-2 ó Liceo cun disparo lonxano marca da casa. Outro más.
Una tarxeta inexplicable
Aí foi cando os de Renato reaccionaron definitivamente. Aproveitando o factor pista, só tiveron que pasar cinco minutos para que Carlitos Ramos igualara o encontro dentro dun guion máis inclinado hacia o lado portugués. Sen embargo, a resposta de Dava Torres devolveulle a vitoria momentánea ó Liceo; moi hábil ó rematar un saque de falta sorpresivo de César. Tocaba aguantar.
O Valongo intentouno con insistencia ata que chegou o momento clave: o último minuto e medio de partido, cando os árbitros italianos decretaron con tarxeta azul unha acción inexistente de Fabri sobre Kyllian Gil. Martí Serra detivo a directa, pero o 3-3 de Miguel Moura chegou co power play. Así rematou.
O Liceo pechará o 2024 de hockey este domingo en Vilafranca (12:30h), mentres que a Champions non volverá ata o 9 de xaneiro. Será cando o Benfica visite Riazor.
FICHA TÉCNICA
VALONGO: Gonçalo Bento; João Lima, Francisco Silva, Carlitos Ramos, Gabriel Azevedo (quinteto inicial), Miguel Moura, João Pedro, Kyllian Gil, João Maló e Afondo Venda (meta suplente).
DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Nil Cervera, César Carballeira, Dava Torres, Bruno Saavedra (quinteto inicial), Arnau Xaus, Jacobo Copa, Fabri Ciocale, Tato Ferruccio e Martín Rodríguez (meta suplente).
ÁRBITROS: Franco Ferrari e Massimiliano Carmazzi (Italia). Mostraron tarxeta azul a Fabri Ciocale por parte do Deportivo Liceo.
GOLES: 1-0 (Gabriel Azevedo, min. 5). 1-1 (Arnau Xaus, min. 20). 1-2 (César Carballeira, min. 23). 2-2 (Carlitos Ramos, min. 30). 2-3 (Dava Torres, min. 34). 3-3 (Miguel Moura, min. 50).
INCIDENCIAS: Xornada 4 da WSE Champions League 24/25, Fase de Grupos. Pavilhão Municipal de Valongo (Portugal).