CRÓNICA #WSEChampionsLeague (X7) | Paso de xigante (2-0)

CRÓNICA #WSEChampionsLeague (X7) | Paso de xigante (2-0)

30 de xaneiro de 2025


Arnau Xaus e Jacobo Copa, os autores dos dous goles liceístas. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O Liceo vence ó Valongo, rival directo pola clasificación ós Cuartos de Final.

É cuarto con nove puntos, cinco máis cós portugueses (quintos) con outros nove por xogarse.

O Liceo deu un golpe na mesa para encarrilar, polo menos nunha gran parte, o pase ós Cuartos de Final da Champions. Venceu ó Valongo, un rival directo que non superou o ambiente de Riazor e que queda a cinco puntos de distancia dos coruñeses; agora mesmo os últimos que se axenciarían o billete para a seguinte rolda (9 unidades fronte ás 4 portuguesas).

Esta sétima xornada das dez que forman a Fase de Grupos era unha parada chave na viaxe europea. Juan Copa e os seus xogadores saíron á pista con ganas de demostralo e, ás escasas xogadas de acción, xa conseguiran dúas ocasións manifiestas de gol: unha de Bruno que acabou no longueiro e outra de Nil que detivo o meta visitante Guga. Pouco despois sumouse Dava, que non atopou o 1-0 por milímetros tras un remate dentro da área.

20 segundos de maxia

As boas novas tiñan que chegar. Fixéronno por partida dobre e no que dura unha respiración. Arnau Xaus estreou o marcador no minuto 14 e cun disparo imparable desde media distancia, pero Jacobo Copa non estaba conforme. Tiñan que ser dúas dianas. A súa chegou inmediatamente despois do saque do Valongo, tras aproveitar un gran pase da morte de Nil Cervera. 2-0 en cuestión de nada.

Nil Cervera, asistente no gol de Copa, completou un gran partido. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Todo mentres Martí Serra continuaba o seu gran estado de forma defendendo os seus dominios. Logrou a terceira porta a cero seguida grazas a, entre outras excelentes intervencións, o penalti que lle detivo a Carlitos Ramos. O descanso chegou con eses dous goles de vantaxe verdibrancos, que estiveron a punto de ser tres, pero Guga detívolle outra pena máxima ó Liceo.

Intelixencia máis compromiso

A partir de aquí, o traballo silencioso. A veces non tanto, pero si igual de efectivo. O Valongo debía apretar, pero o bo facer defensivo dos de Copa extendeuse un partido máis. Os zagueiros e Martí Serra non lle permitiron nada ós atacantes lusos, que atoparon no pau dereito do catalán a súa mellor aproximación. O resto acabaron ben desviadas polo muro ou pola última liña de contención.

Todo acabou como se clausurou a parte inicial. Son tres puntos de enorme importancia para o camiño pola clasificación, pero son todavía tres os compromisos restantes. Antes do seguinte, que será dentro de exactamente unha semana ante o Quévert (xoves 6, 20:30h, Riazor), haberá que recibir en casa ó Vic (domingo 2, 12:00h, OK Liga).

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Nil Cervera, César Carballeira, Dava Torres, Bruno Saavedra (quinteto inicial), Arnau Xaus, Jacobo Copa, Fabri Ciocale, Jaime Méndez e Martín Rodríguez (meta suplente).

VALONGO: Guga; João Lima, Francisco Silva, Kyllian Gil, Carlitos Ramos (quinteto inicial), Miguel Moura, João Pedro, João Almeida, Gabriel Azevedo e Afonso Venda (meta suplente).

ÁRBITROS: Filippo Fronte e Joseph Silecchia (Italia). Sen tarxetas.

GOLES: 1-0 (Arnau Xaus, min. 14). 2-0 (Jacobo Copa, min. 14).

INCIDENCIAS: Xornada 7 da WSE Champions League 24/25, Fase de Grupos. Pazo dos Deportes (A Coruña).

Deixa un comentario