CRÓNICA WSE CHAMPIONS LEAGUE (X2) | Primeiro punto (1-1)

CRÓNICA WSE CHAMPIONS LEAGUE (X2) | Primeiro punto (1-1)

28 de novembro de 2024


Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Deportivo Liceo e Oliveirense empatan na segunda data da Fase de Grupos.

Punto de partida para o Liceo nesta Fase de Grupos da WSE Champions League. O equipo de Juan Copa estreou o seu casilleiro na visita do Oliveirense a Riazor, correspondente á segunda xornada dun total de dez. A máxima competición europea do hockey sobre patíns regresaba a Galicia.

Ante este escenario, unha afección liceísta que animou ó equipo como merecía a ocasión. O rival, dirixido por Nuno Resende, non puxo as cousas sinxelas en ningún dos 50 minutos de xogo. Si apareceu un guion igualado no primeiro acto, dando traballo tanto a Martí Serra como a Xano Edo nas súas respectivas porterías. A máis clara dos liceístas foi para Nil Cervera cun remate cercano que marchou alto.

César adiantou ós de casa

Un dos puntos chave chegou no décimo minuto, cando o Oliveirense cometeu un penalti. Transformaría César, o especialista, cun disparo raso. Ese 1-0 parcial, sen embargo, non detivo as acometidas constantes dun conxunto portugués que esixiu a mellor versión local en todo momento.

César celebra o penalti transformado no minuto 10. IMAXE: MANU BOUTUREIRA.

O exliceísta Franco Platero foi especialmente insistente con Martí Serra, que logrou neutralizar varias ocasións claras. Facía falta un exercicio intenso de resistencia que non pareceu sobrepasar ó Liceo en ningún momento. Todo iso a pesar da non participación tanto de Bruno Saavedra como de Jacobo Copa, aqueixados de febre.

Igualou Torra

O regreso a pista tralo tempo de asueto deixou unha ocasión instantánea e realmente clara para Fabri Ciocale, todo mentres o meta do Liceo continuaba fabricando pesadelos para Platero.

Este foi sen dúbida o tramo de máis esixencia por parte do Oliveirense. Un torpe penalti cometido sobre Ferruccio puido ser a perdición, pero Edo estivo acertado parando o lanzamento. Foi o elemento moral que terminou co empate de Marc Torra, capaz de superar a Serra. Todo acabou co 1-1 definitivo.

Tras unha fin de semana sen OK Liga, o equipo de Juan Copa disputará o próximo xoves en terras francesas a terceira xornada de competición. O seu rival será o Dinan Quévert (20:00h).

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Nil Cervera, Arnau Xaus, César Carballeira, Dava Torres (quinteto inicial), Jacobo Copa, Fabri Ciocale, Bruno Saavedra, Tato Ferruccio e Martín Rodríguez (meta suplente).

OLIVEIRENSE: Xano Edo; Marc Torra, Nuno Santos, Facundo Navarro, Franco Platero (quintento inicial), José Azevedo, Bruno Di Benedetto, Lucas Martínez, Diogo Abreu e Diogo Alves (meta suplente).

ÁRBITROS: Franco Ferrari e Massimiliano Carmazzi (Italia). Sen tarxetas.

GOLES: 1-0 (César Carballeira, de penalti, min. 10). 1-1 (Marc Torra, min. 41).

INCIDENCIAS: Xornada 2 da WSE Champions League 24/25, Fase de Grupos. Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña).

Deixa un comentario