#BLOG

En marcha o filial do Liceo para unha nova tempada da OK Bronce
O equipo, novamente dirixido polo Pichu Galvani para este curso 26/27, volverá a formar parte do Grupo Norte dentro da terceira categoría nacional.

CRÓNICA #OKLiga | Todo para o quinto partido (4-2)
O Igualada volve vencer ó Liceo e empata a final polo título. Todo se decidirá o martes 23 no Pazo dos Deportes de Riazor.

CRÓNICA #OKLiga | Derrota e dúas oportunidades máis (5-2)
O Igualada leva o terceiro partido da Final e forza o cuarto para o domingo ás 20:30h. O Liceo segue a unha vitoria de levantar o título.

CRÓNICA #OKLiga | Segundo triunfo dun Liceo incontestable (8-2)
Os de Juan Copa volven superar claramente ó Igualada e quedan a unha vitoria máis de proclamarse campións. O descanso xa deixou un 4-0 favorable ó Liceo.

CRÓNICA #OKLiga | Arrollador primeiro paso dun Liceo memorable (8-2)
O equipo de Juan Copa supera con rotundidade ó Igualada e leva o primeiro partido da final polo título. O Liceo xa gañaba por 6-0 ó descanso do encontro tras unha primeira parte prácticamente perfecta.

ENTRADAS | Todos a pola Final da OK Liga!
Liceo e Igualada loitarán polo título da OK Liga 25/26. Tódolos Liceístas que o desexen terán varias opcións de apoiar ós de Juan Copa nos dous primeiros partidos de Riazor.

O Liceo estará na Final da OK Liga 25/26
O equipo sella a clasificación para a última serie ó mellor de cinco encontros, tras superar un durísimo partido en Calafell.

CRÓNICA #OKLiga | O Liceo cae no tempo extra (4-1)
O Calafell acurta distancias na eliminatoria (2-1) e haberá cuarto partido no Joan Ortoll o domingo ás 12:30h.

CRÓNICA #OKLiga | Outro triunfo ó ritmo do número 13 (4-1)
Bruno Saavedra volve brilar nun Liceo que suma a súa segunda vitoria das Semifinais e queda a unha da Final. A eliminatoria trasladarase o venres 5 a Calafell.