En marcha o filial do Liceo para unha nova tempada da OK Bronce

25 de agosto de 2026


Imaxe: DXT Campeón (Germán Barreiros)

O equipo, novamente dirixido polo Pichu Galvani para este curso 26/27, volverá a formar parte do Grupo Norte dentro da terceira categoría nacional.

Pilas postas para un Bronce xa inmerso de cheo na súa pretemporada. O segundo equipo do Hockey Club Liceo, que estará dirixido un curso máis por Mauricio ‘Pichu’ Galvani, regresou ó traballo o pasado luns 17 de agosto para afrontar a preparación dun novo ano na terceira categoría do hockey sobre patíns nacional.

O conxunto verdibranco estará novamente encadrado no Grupo Norte da OK Bronce, que nesta 26/27 comezará o 27 de setembro. Desde alí e ata o 13 de xuño do vindeiro ano, esperan un total de 26 xornadas fronte a rivais galegos, asturianos, navarros e vascos. O calendario será o seguinte:

  • XORNADA 1 | HC LICEO vs. CH Compostela
  • XORNADA 2 | Telecable vs. HC Liceo
  • XORNADA 3 | HC Borbolla vs. HC Liceo
  • XORNADA 4 | HC LICEO vs. CP Mieres
  • XORNADA 5 | Iruña HP vs. HC Liceo
  • XORNADA 6 | HC LICEO vs. CH Oleiros
  • XORNADA 7 | Oviedo Booling vs. HC Liceo
  • XORNADA 8 | HC Liceo vs. AC Ordes
  • XORNADA 9 | Traviesas vs. HC Liceo
  • XORNADA 10 | HC Liceo vs. Compañía de María
  • XORNADA 11 | DESCANSO
  • XORNADA 12 | HC Liceo vs. CD Urdaneta
  • XORNADA 13 | CD Patinalon vs. HC Liceo
  • XORNADA 14 | CH Compostela vs. HC Liceo
  • XORNADA 15 | HC Liceo vs. Telecable
  • XORNADA 16 | HC Liceo vs. HC Borbolla
  • XORNADA 17 | CP Mieres vs. HC Liceo
  • XORNADA 18 | HC Liceo vs. Iruña HP
  • XORNADA 19 | CH Oleiros vs. HC Liceo
  • XORNADA 20 | HC Liceo vs. Oviedo Booling
  • XORNADA 21 | AC Ordes vs. HC Liceo
  • XORNADA 22 | HC Liceo vs. Traviesas
  • XORNADA 23 | Compañía de María vs. HC Liceo
  • XORNADA 24 | DESCANSO
  • XORNADA 25 | CD Urdaneta vs. HC Liceo
  • XORNADA 26 | HC Liceo vs. CD Patinalon

Primeira parada: a Copa Galicia

Esa será a proba inicial do filial na tempada. A Copa Galicia, de recente creación, reunirá durante o mes de setembro a tódolos equipos galegos con presenza en categorías nacionais para que preparen as mesmas con estas probas de lume real. Serán partidos oficiais cun título autonómico en xogo. O Liceo debutará nesta competición ben o sábado 12 ou o domingo 13 de setembro ante Escola Lubiáns.

Diego Veiga e Tila Paz, dúas das incorporacións para o filial. Imaxe: DXT Campeón (Germán Barreiros).

Os homes do Pichu Galvani afrontarán a Copa Galicia e a OK Bronce con caras novas, moitas delas xa con pasado liceísta: son Tilahún Paz, Hugo Naveira, Unax Macías, Iago Nine e Diego Veiga. Xunto a eles estarán Jaime Méndez, Iago Fouz ‘Pulpi’, Xandro Fraga, Roi Saavedra, Isaac Naveira e Jorge Fernández, membros do plantel do pasado curso. O meta Eloi Martínez, promocionado ó equipo de OK Liga, ocupará o posto de preparador físico.

Á súa vez, o equipo tamén conta coas baixas de Xián Martínez, Pedro Ramilo, Markel Muñoz, Marcos Pazos, Lucas Martínez e Alberto Martínez.