CRÓNICA #OKLiga | Outro triunfo ó ritmo do número 13 (4-1)

CRÓNICA #OKLiga | Outro triunfo ó ritmo do número 13 (4-1)

31 de maio de 2026


Bruno Saavedra volve brilar nun Liceo que suma a súa segunda vitoria das Semifinais e queda a unha da Final.

A eliminatoria trasladarase o venres 5 a Calafell.

Canta máis dificultade, mellor sabor. O Liceo volveu gañar fronte ó Calafell no Pazo dos Deportes de Riazor, recinto que xa lle deu ós de Juan Copa os dous primeiros puntos das Semifinais. Só fará falta un máis para avanzar á ronda final e iso podería ocorrer na propia localidade de Calafell, onde se trasladará esta serie ó mellor de cinco encontros.

A pesar do mesmo resultado, o Calafell ofreceu unha mellor versión cá do primeiro encontro.

Os novamente visitantes, iso si, non aprenderon pouco do que ocorreu o pasado venres, cando na primeira parte xa encaixaran tres goles. Esta vez o Calafell foi con máis intensidade e achegouse en varias ocasións á meta dun Blai Roca que se mantivo tan sólido como sempre. Tampouco tardou en aclimatarse o Liceo a esta versión do seu rival, así que Martí Serra non estivo precisamente cómodo na súa portería. A mesma que temblou cando Nil Cervera, desde lonxe, enviou unha bóla ó pau na oportunidade máis clara da primeira parte para os liceístas. O descanso, sen embargo, chegou co marcador sen estrear.

Bruno apareceu na segunda parte

As boas novas chegaron nos 25 minutos de clausura e xa o puideron facer cando Arnau Xaus lanzou unha directa, aínda que Virgili (que entrou a deter a falta) superou as fintas do dorsal 3 local. Mantívose o 0-0 ata que emerxeu de novo a figura de Bruno Saavedra, omnipresente nos goles do Liceo de toda a eliminatoria salvo un. Primeiro aproveitou un erro de Folguera para superar a Martí Serra no man a man, e posteriormente asistiu a Dava Torres para que colocara o 2-0 que o rompía todo.

Bruno apareceu en sete dos oito goles do Liceo durante a eliminatoria.

Habería unha mínima reacción dos de Cabestany co tanto de Joan Pujalte, pero Toni Pérez puxo de novo na mesa a autoridade local ó marcar o 3-1 durante a xogada seguinte. Pouco máis pasou ata que Folguera viu a azul e Bruno transformara a directa de forma maxistral para o 4-1. Final e xolgorio.

FICHA TÉCNICA

LICEO: Blai Roca; Arnau Xaus, César Carballeira, Dava Torres, Nuno Paiva (meta suplente), Nil Cervera, Jacobo Copa, Bruno Saavedra, Toni Pérez e Martín Rodríguez (meta suplente).

CALAFELL: Martí Serra; Carles Domènech, Jerónimo García, Biel Pujadas, Sergi Folguera (quinteto inicial), Jepi Selva, Joan Pujalte, Quim Gabarró, Aleix Marimon e Josep Virgili (meta suplente).

ÁRBITROS: Miguel Díaz e David Cantos. Mostraron tarxeta amarela a Willy Domínguez e a José Miguel López, asistentes de Liceo e Calafell respectivamente. Tamén a viu Martí Serra, porteiro visitante. Pola súa parte, Sergi Folguera (Calafell) viu a azul.

GOLES: 1-0 (Bruno Saavedra, min. 28). 2-0 (Dava Torres, min. 33). 2-1 (Joan Pujalte, min. 36). 3-1 (Toni Pérez, min. 37). 4-1 (Bruno Saavedra, min. 40).

RECINTO E INCIDENCIAS: Playoffs OK Liga 25/26, Partido 2 de Semifinales. Palacio de los Deportes de Riazor (A Coruña).