12 de xuño de 2026
O equipo de Juan Copa supera con rotundidade ó Igualada e leva o primeiro partido da final polo título.
O Liceo xa gañaba por 6-0 ó descanso do encontro tras unha primeira parte prácticamente perfecta.
Tarde-noite memorable dun Liceo que non lle deu ningunha oportunidade ó seu rival neste primeiro prato da final. O conxunto dirixido por Juan Copa pasou por riba do Igualada para inaugurar do mellor xeito, e ante milleiros de Liceístas, a ronda definitiva polo título da OK Liga. En Riazor, os verdibrancos lograron o primeiro punto dos tres necesarios para erguer a ansiada copa.
O Liceo xa gañaba por 2-0 antes do quinto minuto de encontro.
Non houbo que esperar para ver o primeiro tanto local, xa que Nuno Paiva decidiu acelerar a cousa anotando o 1-0 ós dous minutos de xogo. Disparo raso lonxano e bóla no fondo da rede de Arnau Martínez. Lonxe de reaccionar, os nervos: o Igualada cometeu un grave erro para favorecer un claro man a man para o capitán Dava Torres, que axustizou ó meta visitante para colocar o 2-0 cando todavía non pasaran nin cinco minutos.
Máis e máis goles
Eses foron os dous primeiros gritos de gol que emitiu o Pazo dos Deportes. Habería moitos máis. Os homes de Marc Muntané, totalmente aturdidos, intentaron en vano darlle a volta á situación para finalmente sufrir máis aínda a ira do Liceo. Bruno Saavedra marcou o 3-0 con outra xogada de xenio e Nuno Paiva enchufou un novo misil lonxano. Todo estaba saíndo á perfección. A esa mesma volveuse sumar Bruno e posteriormente César para que o descanso ensinara un tan contundente como merecido 6-0 a favor do cadro de Copa.
A segunda metade ofreceulle a Riazor dous goles máis dun Liceo máis contemporizador.
Ó regresar, a diana con suspense que marcou Biel Llanes (6-1) non significou nada. Arnau Xaus devolveulle a vantaxe ó Liceo pouco despois e Dava Torres ampliouna todavía máis. O mencionado Llanes puxo o 8-2 definitivo que Riazor acabou por celebrar. O domingo 14, ás 20:30h, segundo partido da serie.
FICHA TÉCNICA
LICEO: Blai Roca; César Carballeira, Dava Torres, Nuno Paiva, Toni Pérez (quinteto inicial), Nil Cervera, Arnau Xaus, Jacobo Copa, Bruno Saavedra e Martín Rodríguez (meta suplente).
IGUALADA: Arnau Martínez; Matías Pascual, Marc González, Joan Ruano, Marc Carol (quinteto inicial), Biel Llanes, Àlex Cardil, Roger Bars, Miguel Cañadillas e Jaume Marqués (meta suplente).
ÁRBITROS: Daniel Villar e Albert Barba. Sen tarxetas.
GOLES: 1-0 (Nuno Paiva, min. 2). 2-0 (Dava Torres, min. 3). 3-0 (Bruno Saavedra, min. 14). 4-0 (Nuno Paiva, min. 20). 5-0 (Bruno Saavedra, min. 22). 6-0 (César Carballeira, min. 25). 6-1 (Biel Llanes, min. 27). 7-1 (Arnau Xaus, min. 29).
RECINTO E INCIDENCIAS: Playoffs OK Liga 25/26, Partido 1 da Final. Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña).

