CRÓNICA #OKLiga | Segundo triunfo dun Liceo incontestable (8-2)

CRÓNICA #OKLiga | Segundo triunfo dun Liceo incontestable (8-2)

14 de xuño de 2026


Os de Juan Copa volven superar claramente ó Igualada e quedan a unha vitoria máis de proclamarse campións.

O descanso xa deixou un 4-0 favorable ó Liceo.

Novo partido e nova exhibición dos que máis forte opositaron para ser campións da OK Liga. O Liceo de Juan Copa venceu claramente ó Igualada (outra vez) ante un Riazor cheo de afeccionados que viron o seu desexo cumprido: que os seus se puxeran 2-0 arriba na ronda final por erguer o ansiado título ligueiro. Só falta un triunfo máis para que sexa realidade.

O Liceo volveuse poñer por diante nos primeiros minutos de xogo.

Si foron realidade os tres penaltis dos que gozou o Liceo ós sete minutos de xogo. Todos eles tan absurdos como claros. Un deles supuxo a inauguración do marcador: o que anotou Dava Torres ó superar ó porteiro Arnau Martínez. Os visitantes volvían encaixar nada máis empezar o encontro. Lonxe de afrontalo doutro xeito diferente ó venres, o que fixo outra vez o Liceo foi aproveitalo. Primeiro mediante Nil Cervera e logo grazas a Nuno Paiva e Arnau Xaus. Ó descanso non chegou o 6-0 parcial do primeiro partido da eliminatoria, pero si todo un 4-0.

Golpe de gracia na reanudación

Se cabía algunha posibilidade para os de Marc Muntané, esfumouse ó empezar o segundo acto. Tiveron na súa man unha falta directa, pero non só a fallaron, senón que na contra recibiron un novo gol de Dava Torres. Do 4-1 ó 5-0. Unha ferida definitiva da que só cabía esperar máis profundidade. Deulla Arnau Xaus en, precisamente, unha directa a falta de quince minutos para o final (6-0).

O 5-0 foi o gol definitivo de cara ó devir do partido.

O tanto de Joel Roma serviu para o mesmo que os dous igualadinos do pasado venres: para maquillar o resultado. Nin sequera foi a última diana do choque, xa que Xaus enchufou outra directa e Dava completou o hat trick. O 8-2 de Marc González tampouco foi para nada. O título pódese decidir o próximo venres en Les Comes.

FICHA TÉCNICA

LICEO: Blai Roca; César Carballeira, Dava Torres, Nuno Paiva, Toni Pérez (quinteto inicial), Nil Cervera, Arnau Xaus, Jacobo Copa, Bruno Saavedra e Martín Rodríguez (meta suplente).

IGUALADA: Arnau Martínez; Biel Llanes, Àlex Cardil, Marc Carol, Miguel Cañadillas (quinteto inicial), Matías Pascual, Marc González, Joan Ruano, Joel Roma e Ferran Busquets (meta suplente).

ÁRBITROS: Miguel Díaz Cosme e Jonathan Sánchez García. Mostraron tarxeta azul ó visitante Miguel Cañadillas. Tamén viron a amarela Toni Pérez, Nil Cervera (xogadores do Liceo) e Marc Muntané (técnico do Igualada).

GOLES: 1-0 (Dava Torres, min. 5). 2-0 (Nil Cervera, min. 10). 3-0 (Arnau Xaus, min. 12). 4-0 (Nuno Paiva, min. 20). 5-0 (Dava Torres, min. 27). 6-0 (Arnau Xaus, min. 35). 6-1 (Joel Roma, min. 38). 7-1 (Arnau Xaus, min. 47). 8-1 (Dava Torres, min. 48). 8-2 (Marc González, min. 50).

RECINTO E INCIDENCIAS: Playoffs OK Liga 25/26, Partido 2 da Final. Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña).