ENTRADAS | Todos a pola Final da OK Liga!

9 de xuño de 2026


Liceo e Igualada loitarán polo título da OK Liga 25/26.

Tódolos Liceístas que o desexen terán varias opcións de apoiar ós de Juan Copa nos dous primeiros partidos de Riazor.

Só queda un paso e queremos percorrelo xuntos! A Final da OK Liga 25/26 xa é unha realidade para o Liceo de Juan Copa, que disputará en Riazor e ante o Igualada os dous primeiros partidos desta serie ó mellor de cinco.

Tódolos Liceístas que o desexen poderán sumar a súa voz no Pazo ó seguir calquera das seguintes vías de adquisición de entradas. Este será o modo de actuación para ambos encontros, a disputar o venres 12 de xuño (20:15h) e o domingo 14 (20:30h).

Socios do Hockey Club Liceo con posibilidade de invitación

Tódolos socios do Club poderán acceder ós dous partidos ensinando os seus carnets en físico ou dixital, tal e como vén ocorrendo ata o momento. Non haberá ningún custo adicional, polo que a entrada será gratuita e sen necesidade de solicitar ningún documento.

Estes socios tamén poderán solicitar invitacións de balde ó WhatsApp oficial do Club: 613 21 70 66. Os pases enviaranse desde esa mesma vía.

Venta para Público Xeral (online vía Cluber)

En canto ó Público Xeral que opte polo camiño online, terá dispoñible un pack de entradas válidas para os dous partidos. Terá un custo de 14€ para os adultos e de 8€ para a categoría Sub-15. A compra pódese realizar mediante este enlace á plataforma CLUBER.

Os packs de entradas só se poderán adquirir mediante Cluber. Nas taquillas venderanse pases para cada un dos partidos.

Da venda resultará un código QR a presentar nas portas de acceso ó Pazo. Dito documento tamén será válido para o encontro do domingo, polo que se deberá conservar unha vez finalice o do venres.

Venta para Público Xeral (taquillas)

Tamén estará dispoñible a venda física desde unha hora antes do comezo de cada partido, é dicir, desde as 19:15h do venres e as 19:30h do domingo.

Nas taquillas de Riazor só se venderán entradas individuais para o encontro do día a un prezo de 10€ (adultos) e 5€ (Sub-15 e socios do Real Club Deportivo). Non se venderán os packs anteriormente mencionados.

Socios do Real Club Deportivo (con e sen suplemento)

Como se acaba de indicar, tódolos socios do Deportivo poderán adquirir entradas físicas a un prezo reducido de 5€.

Os socios que abonaron o suplemento de 5€ do Hockey Club Liceo terán a oportunidade de solicitar invitacións gratuitas (unha por carnet) ó WhatsApp oficial do Club: 613 21 70 66. Os pases enviaranse desde esa mesma vía.