O Liceo estará na Final da OK Liga 25/26

O Liceo estará na Final da OK Liga 25/26

7 de xuño de 2026


O equipo sella a clasificación para a última serie ó mellor de cinco encontros, tras superar un durísimo partido en Calafell.

Dificultade máxima pero final feliz para un Liceo que xa é finalista da OK Liga 25/26. Gañouno despois de conquistar o Joan Ortoll de Calafell, fogar dun anfitrión que puxo as cousas realmente complicadas de principio a fin. Un partido igualado ata o extremo que acabou por caer do lado coruñés, aínda que só un gol no penúltimo minuto determinou esa conclusión.

Tanto Liceo como Calafell tiveron sendos tramos liderando o marcador.

Xa costou que os homes de Juan Copa atoparan o primeiro tanto, obra de Dava Torres ó minuto 17 de batalla. Recibiu desde fóra da área de Martí Serra e superoulle cun potente disparo, antes de que o descanso precedera á trepidante segunda parte que se aveciñaría.

Toma e daca con vencedor galego

Isto é porque nos últimos 25 minutos pasou absolutamente de todo. Primeiramente empatou o local Sergi Folguera cun disparo cruzado hacia a portería de Blai Roca, pero posteriormente igualou Bruno Saavedra cunha diana máis dentro da súa xenial eliminatoria (1-2). Pouco durarían as boas novas, e é que os de Guillem Cabestany remontarían grazas a Carles Domènech e a Joan Pujalte (este último aproveitando un power play).

O partido foi duro e igualado de principio a fin, pero os detalles déronlle a vitoria ó Liceo.

O Calafell tamén contou con dúas faltas directas. Unha detívoa Martín Rodríguez e a outra Blai Roca, xusto antes de que Toni Pérez devolvera as táboas ó encontro cun gol de rematador puro. Todavía quedaban máis de dez minutos cando isto ocorreu. Só un, sen embargo, cando Dava Torres por fin atopou o gol decisivo (3-4) que lle daría o triunfo ó Liceo. Os cinco homes de pista do Calafell non terían éxito. Non houbo tempo.

Mente posta xa na final ó mellor de cinco encontros, que se xogará fronte ó Igualada ou o Barcelona (disputarán quinto partido o próximo martes). Esta fase definitiva empezará en Riazor o venres 12 e o domingo 14, con factor pista coruñés.

FICHA TÉCNICA

CALAFELL: Martí Serra; Carles Domènech, Biel Pujadas, Aleix Marimon, Sergi Folguera (quinteto inicial), Jero García, Jepi Selva, Joan Pujalte, Quim Gabarró e Josep Virgili (meta suplente).

LICEO: Blai Roca; Arnau Xaus, César Carballeira, Dava Torres, Toni Pérez (quinteto inicial), Nil Cervera, Jacobo Copa, Bruno Saavedra, Fran Torres e Martín Rodríguez (meta suplente).

ÁRBITROS: David Cantos e Alberto Pérez. Mostraron cartón azul a César Carballeira e amarelo a Fran Torres, ambos por parte do Liceo. No Calafell viron o amarelo o xogador Jepi Selva e o adestrador Guillem Cabestany.

GOLES: 0-1 (Dava Torres, min. 17). 1-1 (Sergi Folguera, min. 28). 1-2 (Bruno Saavedra, min. 32). 2-2 (Carles Domènech, min. 34). 3-2 (Joan Pujalte, min. 36). 3-3 (Toni Pérez, min. 39). 3-4 (Dava Torres, min. 49).

RECINTO E INCIDENCIAS: OK Liga 25/26, Playoffs polo título. Partido 4 de Semifinais. Pavelló Joan Ortoll (Calafell).