19 de xuño de 2026
O Igualada leva o terceiro partido da Final e forza o cuarto para o domingo ás 20:30h. O Liceo segue a unha vitoria de levantar o título.
Malas novas no terceiro partido da ronda final pola OK Liga, que esta vez decretou como gañador ó Igualada no seu pavillón de Les Comes. Malas pero para nada definitivas, xa que o Liceo de Juan Copa continúa a un só triunfo de levantar metal con dúas oportunidades máis para loitar por iso. A seguinte será este domingo ás 20:30h no mesmo recinto catalán.
Comezou gañando o Liceo, aínda que o Igualada remontou no acto final
Ó principio todo empezou favorable para o cadro de Juan Copa, que a pesar da solidez local logrou poñerse por diante grazas a un golazo lonxano de Nil Cervera. O gol, conseguido a dous minutos do descanso, sobreviviu ata o mesmo.
Unha segunda parte moi desafortunada
Incluso estivo preto o 0-2 cando Biel Llanes, novísimo xogador do Igualada, viu a tarxeta azul e deulle superioridade temporal ós verdibrancos. Acabou sen tanto e, por encima, os cataláns conseguiron darlle a volta ó marcador nun só minuto nada máis recuperar o quinto home. Un golpe durísimo do que o Liceo non se terminou de recuperar, xa que o Igualada ampliou máis o resultado. Nin sequera a bóla parada sorriu ós verdibrancos.
Finalmente, o dobrete de Nil Cervera só serviu para que o guarismo final fora de 5-2 a favor dos de Les Comes. Mente limpa e a pola seguinte oportunidade.
FICHA TÉCNICA
IGUALADA: Arnau Martínez; Biel Llanes, Matías Pascual, Joan Ruano, Marc Carol (quinteto inicial), Marc González, Joel Roma, Àlex Cardil, Miguel Cañadillas e Jaume Marqués (meta suplente).
LICEO: Blai Roca; César Carballeira, Dava Torres, Nuno Paiva, Toni Pérez (quinteto inicial), Nil Cervera, Arnau Xaus, Jacobo Copa, Bruno Saavedra e Martín Rodríguez (meta suplente).
ÁRBITROS: Iván González e Rubén Fernández. Mostraron tarxeta azul a Biel Llanes no Igualada e a Nil Cervera no Liceo. Tamén a amarela a Matías Pascual, Arnau Martínez e Marc Muntané (xogadores e técnico do Igualada); Blai Roca e Willy Domínguez (xogador e asistente do Liceo).
GOLES: 0-1 (Nil Cervera, min. 23). 1-1 (Matías Pascual, min. 32). 2-1 (Miguel Cañadillas, min. 33). 3-1 (Biel Llanes, min. 35). 4-1 (Àlex Cardil, min. 37). 5-1 (Joel Roma, min. 44). 5-2 (Nil Cervera, min. 47).
RECINTO E INCIDENCIAS: Playoffs OK Liga 25/26, Partido 3 da Final. Les Comes (Igualada).