PREVIA #WSEChampionsLeague 24/25 (X9) | Penúltima proba europea

PREVIA #WSEChampionsLeague 24/25 (X9) | Penúltima proba europea

20 de febreiro de 2025


O Liceo, xa clasificado matemáticamente para Cuartos de Final, visitará ó Oliveirense para loitar polo mellor posto posible.

A antepenúltima xornada da WSE Champions League rematou coa clasificación matemática do Deportivo Liceo para Cuartos de Final, aínda que todavía restan dous para decidir en que posto será. Unha desas será este xoves no Dr. Salvador Machado do Oliveirense (22:00h de España), a arbitrar polos italianos Marco Rondina e Simone Brambilla.

Este encontro, como é habitual, poderase seguir en directo e de balde grazas ó streaming que realizará europe.worldskate.tv vía internet.

Última visita da Fase de Grupos

A de Oliveira de Azeméis será a clausura da Fase de Grupos no que se refire ós partidos como visitante. Tras este choque tan só quedará un último en Riazor para finiquitar definitivamente esta parte da Champions: será o xoves 27 co Trissino italiano como rival (20:30h).

O encontro da primeira volta saldouse cun empate a un gol. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O 27 de marzo e o 10 de abril son as datas sinaladas para a celebración dos resultantes Cuartos de Final, ós que lle seguirá a Final 4 que determinará ó campión.

Polo momento, a clasificación do Grupo B atópase do seguinte xeito. O Benfica portugués estará en Cuartos como primeiro, mentres os tres seguintes todavía terán que aclarar en que posición os xogarán:

  • 1º | BENFICA | 22 puntos
  • 2º | TRISSINO | 14 puntos
  • 3º | DEPORTIVO LICEO | 12 puntos
  • 4º | OLIVEIRENSE | 12 puntos
  • 5º (xa eliminado) | AD VALONGO | 4 puntos
  • 6º (xa eliminado) | DINAN QUÉVERT | 3 puntos

A folla de ruta percorrida e por percorrer para os de Copa nesta Fase de Grupos é a seguinte:

  • XORNADA 1 | Trissino vs. DEPORTIVO LICEO | 21 de novembro | 5-2
  • XORNADA 2 | DEPORTIVO LICEO vs. Oliveirense | 28 de novembro | 1-1
  • XORNADA 3 | Dinan Quévert vs. DEPORTIVO LICEO | 5 de decembro | 1-6
  • XORNADA 4 | AD Valongo vs. DEPORTIVO LICEO | 12 de decembro | 3-3
  • XORNADA 5 | DEPORTIVO LICEO vs. Benfica | 9 de xaneiro | 0-0
  • XORNADA 6 | Benfica vs. DEPORTIVO LICEO | 16 de xaneiro | 5-1
  • XORNADA 7 | DEPORTIVO LICEO vs. AD Valongo | 30 de xaneiro | 2-0
  • XORNADA 8 | DEPORTIVO LICEO vs. Dinan Quévert | 6 de febreiro | 2-0
  • XORNADA 9 | Oliveirense vs. DEPORTIVO LICEO (20 de febreiro)
  • XORNADA 10 | DEPORTIVO LICEO vs. Trissino (27 de febreiro)

Lista de dez para dous partidos en 48 horas

Juan Copa viaxará a Portugal con todo o seu plantel salvo a coñecida baixa duradeira de Pablo Cancela. Eses dez homes serán os mesmos que, tralo partido no Salvador Machado, se dirixirán a Cataluña para xogar na pista do Sant Just (OK Liga, xornada 19). Esa data da competición nacional disputarase o sábado ás 20:00h.

Menos de 48 horas despois de visitar ó Oliveirense, o Liceo deberá saltar á pista de Sant Just para xogar unha nova xornada de OK Liga

Así pois, os xogadores que sairán á pista en ambos compromisos serán os seguintes:

  • Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Nil Cervera | 2 | 4 goles en OK Liga
  • Arnau Xaus | 3 | 17 goles en OK Liga e 3 en Champions
  • César Carballeira | 5 | 10 goles en OK Liga e 4 en Champions
  • Jacobo Copa | 7 | 5 goles en OK Liga e 1 en Champions
  • Dava Torres | Capitán, 8 | 8 goles en OK Liga e 2 en Champions
  • Fabri Ciocale | 9 | 6 goles en OK Liga e 1 en Champions
  • Bruno Saavedra | 13 | 5 goles en OK Liga e 3 en Champions
  • Tato Ferruccio | 77 | 1 gol en OK Liga e 3 en Champions

Un forte Oliveirense con varios exliceístas

O conxunto de Renato Garrido iguala a puntos co Liceo no Grupo B, estando por detrás só pola diferenza de goles. Para redondear a igualdade entre ambos nesta loita pola mellor praza de clasificación posible, aparece o resultado que ofreceron na primeira volta da Fase de Grupos: un 1-1 en Riazor.

Armados con varios exliceístas como Franco Platero e Bruno Di Benedetto, sendo este último o máximo realizador do Oliveirense, Garrido recibirá ós de Juan Copa cos seguintes xogadores:

  • Xano Edo | Porteiro, dorsal 1
  • Diogo Alves | Porteiro, 47
  • Bruno Di Benedetto | 3 | 9 goles en Liga e 6 en Champions
  • Diogo Lemos | 7
  • Marc Torra | Capitán, 8 | 5 goles en Liga e 4 en Champions
  • Nuno Santos | 22 | 3 goles en Liga
  • Lucas Martínez | 27 | 7 goles en Liga e 6 en Champions
  • Facu Navarro | 33 | 6 goles en Liga e 3 en Champions
  • Franco Platero | 57 | 4 goles en Liga e 4 en Champions
  • Diogo Abreu | 78 | 4 goles en Liga e 1 en Champions

Deixa un comentario