CRÓNICA #WSEChampionsLeague (X9) | Derrota e cuarta plaza matemática (4-2)

CRÓNICA #WSEChampionsLeague (X9) | Derrota e cuarta plaza matemática (4-2)

20 de febreiro de 2025


O Liceo cae na casa do Oliveirense e xogará en Cuartos de Final ben contra o Barcelos ou o Porto.

A clasificación para Cuartos xa estaba asegurada. Só restaba saber desde que posición, algo que xa dirimiu a derrota do Deportivo Liceo ante o Oliveirense. No Dr. Salvador Machado, os de Juan Copa confirmaron que son matemáticamente os cuartos clasificados do Grupo B, con Barcelos ou Porto como posibles rivais. Todo iso cunha xornada de Fase todavía por disputar, a que levará ó Trissino italiano ó Pazo dos Deportes de Riazor (xoves 27, 20:30h).

Ante un equipo con presenza destacada de exliceístas, foron precisamente eles dous os que enviaron o primeiro aviso serio ós hoxe visitantes. Foi Franco Platero o que, de xeito ilegal segundo os árbitros italianos, rematou ó fondo da rede un bo pase de Bruno Di Benedetto.

A acción non subiría ó marcador, aínda que si motivou máis ó Liceo. A primeira oportunidade importante para eles veu do stick de Nil Cervera, atrevido ó sumarse ó ataque para inquietar ó meta Xano Edo. O seu disparo foi desviado.

Reparto instantáneo de golpes

Ambos intentaban dar un golpe na mesa cando Facu Navarro, nun contraataque dos vestidos con camiseta branca e pantalóns verdes, derribou a Bruno Saavedra sen bóla de por medio. Viu a tarxeta azul e mandou a Arnau Xaus ó punto da falta directa.

Xaus inaugurou o marcador para o Liceo, pero Diogo Abreu empatou inmediatamente

O pichichi non fallou: superou a Edo para instaurar o triunfo parcial (minuto 14). Un que non duraría moito, posto que escasas xogadas despois empatou o local Diogo Abreu. Ese 1-1 foi o que sobreviviu ata o descanso.

Un mal minuto condenou ó Liceo

A igualdade durou ata que chegou o minuto 34, de infausto resultado para os galegos. En xogadas prácticamente consecutivas, César e Fabri viron sendas tarxetas azuis que mandaron a Di Benedetto ó punto da directa en dúas ocasións. O francés transformou ambas e co mesmo estilo para colocar o 3-1 parcial a favor dos lusos.

Dos azuis nun minuto provocaron que Bruno Di Benedetto anotara un dobrete decisivo

Lucas Martínez finiquitou prácticamente o encontro co 4-1, aínda que Xaus volveu ver portería para darlle algo de esperanza ós seus. De pouco serviría o 4-2 que finalmente campou no marcador ó soar a bociña. Mente xa na visita de OK Liga ó Sant Just (sábado, 20:00h).

FICHA TÉCNICA

OLIVEIRENSE: Xano Edo; Bruno Di Benedetto, Marc Torra, Lucas Martínez, Franco Platero (quinteto inicial), Diogo Lemos, Nuno Santos, Facundo Navarro y Diogo Abreu e Pedro Bessa (meta suplente).

DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Nil Cervera, Arnau Xaus, César Carballeira, Dava Torres (quinteto inicial), Jacobo Copa, Fabri Ciocale, Bruno Saavedra, Tato Ferruccio e Martín Rodríguez (meta suplente).

ÁRBITROS: Marco Rondina e Simone Brambilla (Italia). Mostraron tarxeta azul a Facundo Navarro por parte do Oliveirense. No Deportivo Liceo víronna César Carballeira e Fabri Ciocale.

GOLES: 0-1 (Arnau Xaus, min. 14). 1-1 (Diogo Abreu, min. 15). 2-1 (Bruno Di Benedetto, min. 34). 3-1 (Bruno Di Benedetto, min. 34). 4-1 (Lucas Martínez, min. 43). 4-2 (Arnau Xaus, min. 44).

INCIDENCIAS: Xornada 9 da WSE Champions League 24/25, Fase de Grupos. Pavilhão Doctor Salvador Machado (Oliveira de Azeméis).

Deixa un comentario