PREVIA #WSEChampionsLeague 24/25 (X10) | Punto e seguido

PREVIA #WSEChampionsLeague 24/25 (X10) | Punto e seguido

27 de febreiro de 2025


Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O Deportivo Liceo, clasificado xa para Cuartos, terminará a Fase de Grupos coa visita do Trissino a Riazor.

Os deberes do Liceo xa están feitos, aínda que todavía queda un partido por diante. A Fase de Grupos da Champions segue en marcha e para os de Juan Copa terminará en Riazor, anfitrión da que será última data desta etapa. O rival, un Trissino que viaxará desde Italia co obxectivo de pechar matemáticamente a segunda praza.

Cos portugueses Fernando Vasconcelos e Carlos Correia como responsables do que pase na pista do Pazo dos Deportes, galegos e transalpinos comezarán a patinar este xoves ás 20:30h.

Poco en xogo no Grupo B

Pouco haberá que decidir nesta décima xornada de Fase, polo menos dentro do Grupo B. O Deportivo Liceo axenciouse matemáticamente a clasificación fai dúas xornadas, tralo triunfo por 2-0 ante o Dinan Quévert e a derrota do Valongo. Unha vez lograda só quedaba dilucidar en que posto avanzaría ós Cuartos de Final, sendo finalmente desde o cuarto tras non conseguir sumar na pista do Oliveirense (terceiro). A distancia de tres puntos con average en contra impide superalos.

A clasificación da Fase de Grupos a falta desta data é a seguinte, aínda que a totalidade dos equipos clasificados xa se coñece desde fai varios días. Simplemente estará en xogo quen acabará segundo, se o propio Trissino ou o Oliveirense:

  • 1º – BENFICA | 25 puntos
  • 2º – TRISSINO | 17 puntos
  • 3º – OLIVEIRENSE | 15 puntos
  • 4º – DEPORTIVO LICEO | 12 puntos
  • 5º – VALONGO | 4 puntos
  • 6º – DINAN QUÉVERT | 3 puntos
Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

A folla de ruta percorrida e por percorrer por parte do Liceo é a seguinte:

  • XORNADA 1 | Trissino vs. DEPORTIVO LICEO | 21 de novembro | 5-2
  • XORNADA 2 | DEPORTIVO LICEO vs. Oliveirense | 28 de novembro | 1-1
  • XORNADA 3 | Dinan Quévert vs. DEPORTIVO LICEO | 5 de decembro | 1-6
  • XORNADA 4 | AD Valongo vs. DEPORTIVO LICEO | 12 de decembro | 3-3
  • XORNADA 5 | DEPORTIVO LICEO vs. Benfica | 9 de xaneiro | 0-0
  • XORNADA 6 | Benfica vs. DEPORTIVO LICEO | 16 de xaneiro | 5-1
  • XORNADA 7 | DEPORTIVO LICEO vs. AD Valongo | 30 de xaneiro | 2-0
  • XORNADA 8 | DEPORTIVO LICEO vs. Dinan Quévert | 6 de febreiro | 2-0
  • XORNADA 9 | Oliveirense vs. DEPORTIVO LICEO | 20 de febreiro | 4-2
  • XORNADA 10 | DEPORTIVO LICEO vs. Trissino (27 de febreiro)

Terminado este duelo contra o Trissino será o tempo dos Cuartos de Final, ben co Barcelos ou o Porto como rivais (primeiro e segundo do Grupo A).

Lista habitual de convocados

Juan Copa contará novamente cos dez xogadores que completan habitualmente as listas. Todo iso mantendo a baixa de Pablo Cancela, que todavía non puido disputar minutos debido á lesión de ligamento cruzado que sufriu durante o verán de 2024.

Así as cousas, a lista estará formada polos seguintes homes:

  • Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Nil Cervera | 2 | 4 goles en OK Liga
  • Arnau Xaus | 3 | 18 goles en OK Liga e 5 en Champions
  • César Carballeira | 5 | 11 goles en OK Liga e 4 en Champions
  • Jacobo Copa | 7 | 5 goles en OK Liga e 1 en Champions
  • Dava Torres | Capitán, 8 | 8 goles en OK Liga e 2 en Champions
  • Fabri Ciocale | 9 | 6 goles en OK Liga e 1 en Champions
  • Bruno Saavedra | 13 | 5 goles en OK Liga e 3 en Champions
  • Tato Ferruccio | 77 | 1 gol en OK Liga e 3 en Champions

O líder italiano, un equipo de gran pólvora

Xa na primeira xornada desta Fase de Grupos, o Trissino do exliceísta Tiago Sousa era un equipo caracterizado pola súa gran capacidade goleadora. Entón venceu ante o Liceo por 5-2. Actualmente continúa líder da Serie A1 italiana cunha cantidade de goles a favor realmente destacable: 137. Precisamente chegará a Riazor tras vencer por 12-0 ó Sandrigo. En Champions, por outro lado, suma outras 33 dianas en 9 encontros.

O Trissino acumula 137 e 33 goles na Liga e na Champions, respectivamente

Esto provoca que as súas amenazas ofensivas sexan numerosas. Xogadores como Alvarinho suman 38 goles durante a tempada, o español Jordi Méndez acumula 29 e Davide Gavioli 28. Para Malagoli son 22 e Cocco tamén marcou 21.

Incluindo a estes homes, Sousa viaxará a Galicia cunha lista que deberá incluir a dez entre os seguintes:

  • Stefano Zampoli | Porteiro, dorsal 1
  • Bruno Sgaria | Porteiro, 10
  • Andrea Malagoli | 6 | 18 goles en Serie A1 e 4 en Champions
  • Giulio Cocco | Capitán, 7 | 17 goles en Serie A1 e 4 en Champions
  • Gioele Piccoli | 8 | 5 goles en Serie A1 e 2 en Champions
  • Simone Ceretta | 16 | 1 gol en Serie A1
  • João Pinto | 17 | 9 goles en Serie A1 e 2 en Champions
  • Andrea Fantozzi | 54 | 3 goles en Serie A1
  • Reinaldo García | 57 | 7 goles en Serie A1 e 3 en Champions
  • Jordi Méndez | 66 | 24 goles en Serie A1 e 5 en Champions
  • Davide Gavioli | 71 | 24 goles en Serie A1 e 4 en Champions
  • Alvarinho | 74 | 29 goles en Serie A1 e 9 en Champions

Deixa un comentario