Éxtasis e primeiro liderato en Riazor

Actuación estelar no Pazo dos Deportes de Riazor. O Deportivo Liceo sumou a terceira vitoria da tempada vencendo por 13-0 ao Corredor Mató C.H. Palafrugell nun partido que decidiu o primeiro líder en solitario da OK Liga 19/20.

A posta en escena de #OsNosos dende o pitido inicial e os 3 primeiros goles do capitán Dava Torres nos primeiros compases, abriron unha xornada matinal de espectáculo para os pupilos de Juan Copa.

Ata 6 xogadores líceistas rexistraron un gol ante o conxunto tarraconense (Marc Grau (3), Maxi Oruste (2), Dava Torres (5), Roberto Di Benedetto (1), Franco Platero (1) e Fabrizio Ciocale (1) ). Na segunda metade, o gardameta coruñés Martín Rodríguez, disputou os seus primeiros minutos do curso substituíndo a Carles Grau nun tramo final no que garantiu a primeira imbatibilidade da portería líceista.

Este próximo sábado 12 de outubro a partir das 21:30 da noite, segundo encontro a domicilio na pista do Calafell.

Forza Deportivo Liceo! Ánimo, rapaces!

Deja un comentario