Fotografía de Kiko Lareo.
O Liceo estrearase este xoves 26 ás 20:00h na pista do Calafell e poderase ver en directo por europe.worldskate.tv.
A competición, integrada por 12 equipos, presenta un cambio de formato caracterizado pola disputa de menos encontros de Grupos.
É o momento da mellor competición de clubes dentro do mundo do hockey sobre patíns. Chega a WSE Champions League cunha edición 26/27 marcada polas novidades e un Liceo enfrascado de novo na aventura polo maior título continental.
O primeiro paso para os homes de Juan Copa terá lugar en terras catalás: será no Pavelló Joan Ortoll do Calafell (xoves 26, 20:00h), testemuña da primeira data de Fase de Grupos. Este encontro estará arbitrado polos portugueses Manuel Oliveira e Filipe Oliveira e poderase ver en directo e de balde desde a plataforma europe.worldskate.tv.
Un novo formato
A WSE Champions League 26/27 presenta varias novidades, centradas sobre todo na súa composición. O formato de competición cambia con respecto ó do ano pasado, comezando por unha Fase de Grupos máis breve: pasa de dez datas a tan só seis.
O camiño verdibranco dese primeiro sector será o seguinte:
- XORNADA 1 | Calafell vs. LICEO (26 de novembro)
- XORNADA 2 | LICEO Benfica (10 de decembro)
- XORNADA 3 | Braga vs. LICEO (7 de xaneiro)
- XORNADA 4 | LICEO Porto (21 de xaneiro)
- XORNADA 5 | Sporting CP vs. LICEO (11 de febreiro)
- XORNADA 6 | LICEO Igualada (25 de febreiro)
Outra das diferenzas consistirá en que xa non existirán dous Grupos, senón un único formado por un total de 12 equipos. Deles, os catro primeiros trala Fase Inicial clasificaranse directamente para a Final a 8.
Os seguintes disputarán un play-in co seguinte formato, e cada un dos gañadores tamén se axenciarán un pase á fase final polo título:
- 5º 12º
- 6º 11º
- 7º 10º
- 8º 9º
Todos dispoñibles para a estrea europea
Juan Copa, afortunadamente, poderá contar de novo coa totalidade do primeiro equipo para esta primeira proba continental. Iso é o que permite a recuperación de Bruno Saavedra, que xa participou na recente vitoria ligueira fronte ó Hockey Rivas.
Polo tanto, os homes que patinarán polo Joan Ortoll serán os seguintes:
- Eloi Martínez – Porteiro, dorsal 10
- Blai Roca – Porteiro, 20
- Arnau Xaus – 3
- Edu Lamas – 6
- Jacobo Copa – 7
- Dava Torres – Capitán, 8
- Nuno Paiva – 11
- Bruno Saavedra – 13
- Franco Platero – 15
- Toni Pérez – 57
Tras este encontro, o Liceo permanecerá en terras catalás porque o domingo tocará outro novo choque pola zona. Esta vez será o domingo 29 ás 12:30h na pista do Igualada (xornada 5 de OK Liga).
Un Calafell en plena reacción
Non foi o mellor inicio de curso para o conxunto de Guillem Cabestany, pero o último partido de OK Liga (triunfo por 2-1 contra o Lleida) significou a súa reacción polo menos no que a competición doméstica se refire.
Os cataláns contan para esta temporada 26/27 con outro equipo de calidade e xuventude, con homes como o meta exliceísta Martí Serra, Sergi Folguera, Biel Pujadas ou Joan Pujalte.