Imaxe de Kiko Lareo.

O Liceo recibirá ós madrileños no Pazo co obxectivo de sumar unha segunda vitoria consecutiva (sábado 21, 17:00h).

Todo se ve doutro xeito co casilleiro xa estreado. A recente vitoria do Liceo na pista do SHUM Maçanet desempolvou a puntuación verdibranca na OK Liga 26/27, unha que non só non para, senón que se acelera. Juan Copa e os seus xogadores deberán agora afrontar a visita a Riazor do Hockey Rivas, correspondente á cuarta xornada da Fase Regular.

Isto será o sábado 21 ás 17:00h e estará arbitrado por Albert Barba e Jordi Reverter; un duelo que enfrontará ós actuais sétimos e duodécimos da táboa clasificatoria.

Pendentes dun esixente maratón de encontros

O enésimo compromiso da OK Liga abrirá unha etapa densa no que a partidos se refire. Trala conclusión do de esta fin de semana, o Liceo empezará a afrontar a máxima competición mundial de clubes: a WSE Champions League, que se inaugurará o próximo xoves día 26. Será na pista do Calafell ás 20:00h.

O Liceo empezará a WSE Champions League trala celebración do duelo fronte ó Rivas

Tras ello, os liceístas permanecerán en terras catalanas para enfrontarse o domingo 29 ó Igualada no seu Pavelló de Les Comes (12:30h). Por se fora pouco, tras esa semana chegará outra cun novo dobrete 100% ligueiro, esta vez como local ante o Reus Deportiu (mércores 2 de decembro, 20:30h) e o Vilafranca (sábado 5, 19:00h).

Dúbida de Bruno Saavedra

No que a convocatoria se refire, para o inminente enfrontamento ante o Hockey Rivas segue sen estar asegurada a presenza do dorsal 13 verdibranco debido á doenza abdominal que lle mantivo fóra dos últimos encontros.

Si está asegurada a dos seguintes homes do primeiro equipo, coa posibilidade aberta de engadidos do filial de OK Bronce en caso de que Bruno Saavedra non poida participar:

  • Eloi Martínez – Porteiro, dorsal 10
  • Blai Roca – Porteiro, 20
  • Arnau Xaus – 3
  • Edu Lamas – 6
  • Jacobo Copa – 7
  • Dava Torres – Capitán, 8 – 3 goles
  • Nuno Paiva – 11
  • Franco Platero – 15
  • Toni Pérez – 57 – 1 gol

Un Rivas co obxectivo da salvación

Polo seu lado, o equipo dirixido por Jorge Nájera afrontará un novo curso coa mesma meta: manter a categoría. Ata o momento logrou empatar dous partidos (SHUM e Igualada) e perder outro na visita do Reus ó Cerro do Telégrafo. Entre medias, o claro impacto de Miguel Cañadillas no seu regreso á capital, indo estadísticamente a gol por partido.

Últimas novas

Síguenos nas redes sociais