Sanbrandan entrega ó Liceo o cheque dos Riquiños 2021

Sanbrandan entrega ó Liceo o cheque dos Riquiños 2021

A campaña dos Riquiños da Copa do Rei e da Raíña, finalizada cun rotundo éxito, viviu o seu broche definitivo no establecemento de Sanbrandan situado na Fnac.

Alí, o Deportivo Liceo recibiu das súas mans un cheque cos cartos recaudados pola iniciativa. Un total de 5.350 €, un pola venda de cada caixa de 3 €.

Toda a familia liceísta reitera o seu profundo agradecemento a Sanbrandan, que amosou máis dunha vez o seu compromiso co deporte coruñés incluso nos complicados tempos que nos tocou vivir.

Deixa un comentario