PREVIA #WSEChampionsLeague 24/25 (X7) | Partido chave

PREVIA #WSEChampionsLeague 24/25 (X7) | Partido chave

30 de xaneiro de 2025


Os xogadores saen á pista no que sería a vitoria recente ante o Lleida. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O Valongo, rival directo pola clasificación, visitará Riazor este xoves ás 20:30h.

Catro choques por diante para clausurar a Fase de Grupos. Tres deles en Riazor. E o primeiro este xoves día 30, co Valongo portugués como encargado de complicarlle as cousas ó Deportivo Liceo (20:30h). A WSE Champions League segue o seu curso e entra nunha zona chave.

Este partido entre rivais directos, cuarto e quinto respectivamente, estará dirixido polos árbitros italianos Filippo Fronte e Joseph Silecchia; á vez que retransmitido tanto pola TVG 2 (televisión e web) como por Hockey Global (Twitch).

Choque entre rivais directos

A importancia desta xornada para os de Juan Copa descúbrese ó ver a clasificación da Fase de Grupos. O Liceo marcha cuarto (última posición que otorga o pase a Cuartos) con 6 puntos, dous máis có quinto: o propio Valongo, poseedor de 4. O resultado do encontro de Riazor cobrará unha gran importancia a estes efectos. Tampouco é anecdótica a situación do Dinan Quévert, que a pesar de pechar a táboa conta con tres unidades.

Tres dos catro compromisos europeos restantes xogaranse no Pazo dos Deportes

Tras esta sétima xornada quedarán sen embargo outras tres: dúas como local e unha como visitante. Esta é a folla de ruta do Deportivo Liceo desde novembro e ata finais de febreiro, datas nas que terminará esta Fase:

  • XORNADA 1 | Trissino vs. DEPORTIVO LICEO | 21 de novembro | 5-2
  • XORNADA 2 | DEPORTIVO LICEO vs. Oliveirense | 28 de novembro | 1-1
  • XORNADA 3 | Dinan Quévert vs. DEPORTIVO LICEO | 5 de decembro | 1-6
  • XORNADA 4 | AD Valongo vs. DEPORTIVO LICEO | 12 de decembro | 3-3
  • XORNADA 5 | DEPORTIVO LICEO vs. Benfica | 9 de xaneiro | 0-0
  • XORNADA 6 | Benfica vs. DEPORTIVO LICEO | 16 de xaneiro | 5-1
  • XORNADA 7 | DEPORTIVO LICEO vs. AD Valongo (30 de xaneiro)
  • XORNADA 8 | DEPORTIVO LICEO vs. Dinan Quévert (6 de febreiro)
  • XORNADA 9 | Oliveirense vs. DEPORTIVO LICEO (20 de febreiro)
  • XORNADA 10 | DEPORTIVO LICEO vs. Trissino (27 de febreiro)

Por outro lado, a clasificación completa con seis datas disputadas é a seguinte:

  • 1º | BENFICA | 16 puntos
  • 2º | TRISSINO | 11 puntos
  • 3º | OLIVEIRENSE | 9 puntos
  • 4º | DEPORTIVO LICEO | 6 puntos
  • 5º | AD VALONGO | 4 puntos
  • 6º | DINAN QUÉVERT | 3 puntos

Mesmas baixas

Juan Copa deberá afrontar este choque fronte ó Valongo coas mesmas baixas que vén sufrindo desde fai mes e medio. Continúan no dique seco dous xogadores: Pablo Cancela, lesionado de gravidade desde o pasado verán; e Tato Ferruccio. O arxentino, a pesar de estar na fase final da recuperación da súa pubalxia, todavía non está en condicións de competir.

Tato Ferruccio e Pablo Cancela continúan de baixa: Jaime Méndez entra de novo na lista

O junior Jaime Méndez será outra vez da partida para completar a convocatoria. Así pois, a mesma queda composta polos seguintes dez homes:

  • Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Nil Cervera | 2 | 4 goles en OK Liga
  • Arnau Xaus | 3 | 16 goles en OK Liga e 1 en Champions, máximo anotador do Liceo
  • César Carballeira | 5 | 10 goles en OK Liga e 4 en Champions
  • Jacobo Copa | 7 | 3 goles en OK Liga
  • Dava Torres | Capitán, 8 | 6 goles en OK Liga e 1 en Champions
  • Fabri Ciocale | 9 | 4 goles en OK Liga e 1 en Champions
  • Bruno Saavedra | 13 | 3 goles en OK Liga e 3 en Champions
  • Jaime Méndez | 78

Segundo encontro co Valongo

O equipo de Renato Garrido non é un descoñecido para o Liceo. Esta será a segunda vez que se enfronten galegos e portugueses, terminando a primeira con empate (3-3). Foi en terras lusas na cuarta xornada europea. Por outra parte, o Valongo marcha na oitava posición do Campeonato Placard nacional. Son 16 puntos que permiten unha estancia na media táboa.

Imaxe: AD VALONGO.

Garrido viaxará a Coruña cos seguintes homes, aínda que dous deles deberán ser descartados para cumprir o máximo permitido de dez xogadores:

  • Gonçalo Bento ‘Guga’ | Porteiro, dorsal 30
  • Afonso Venda | Porteiro, 99
  • João Pereira | 2
  • João Lima | 3
  • Miguel Moura | 5 | 6 goles no Campeonato Placard e 2 en Champions
  • Francisco Silva | Capitán, 6 | 1 gol no Campeonato Placard
  • João Pedro | 8 | 1 gol no Campeonato Placard
  • Kyllian Gil | 9 | 8 goles no Campeonato Placard e 2 en Champions
  • Carlos Ramos | 11 | 10 goles no Campeonato Placard e 3 en Champions
  • João Almeida | 24 | 6 goles no Campeonato Placard
  • João Maló | 33 | 1 gol en Champions
  • Gabriel Acevedo | 89 | 5 goles en Champions

Deixa un comentario