PREVIA WSE CHAMPIONS LEAGUE 24/25 (X5) | Visita do Benfica

PREVIA WSE CHAMPIONS LEAGUE 24/25 (X5) | Visita do Benfica

9 de xaneiro de 2025


Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O Deportivo Liceo recibirá en Riazor ó actual líder do Grupo B europeo (20:30h).

O comezo de 2025 non só significa a volta da OK Liga, senón tamén a da WSE Champions League. A máxima competición europea de hockey sobre patíns ofrecerá a Riazor un novo partido de altura: o enfrontamento do Deportivo Liceo contra o Benfica (xoves 9, 20:30h). Esta quinta xornada de Fase de Grupos estará dirixida polos árbitros italianos Filippo Fronte e Claudio Ferraro.

Rozando o ecuador da Fase

O partido contra os de Lisboa significará un punto de non retorno na actual Champions. A mencionada fase inicial, composta por ata dez datas, presenta agora a un Liceo cuarto clasificado do Grupo B grazas ós seus cinco puntos sumados (un triunfo, dous empates e unha derrota). É precisamente o último posto que ofrece o pase ós Cuartos de Final, a disputar a ida e volta.

A folla de ruta percorrida e por percorrer para os de Copa é a seguinte:

  • XORNADA 1 | Trissino vs. DEPORTIVO LICEO | 21 de novembro | 5-2
  • XORNADA 2 | DEPORTIVO LICEO vs. Oliveirense | 28 de novembro | 1-1
  • XORNADA 3 | Dinan Quévert vs. DEPORTIVO LICEO | 5 de decembro | 1-6
  • XORNADA 4 | AD Valongo vs. DEPORTIVO LICEO | 12 de decembro | 3-3
  • XORNADA 5 | DEPORTIVO LICEO vs. Benfica (9 de xaneiro)
  • XORNADA 6 | Benfica vs. DEPORTIVO LICEO (16 de xaneiro)
  • XORNADA 7 | DEPORTIVO LICEO vs. AD Valongo (30 de xaneiro)
  • XORNADA 8 | DEPORTIVO LICEO vs. Dinan Quévert (6 de febreiro)
  • XORNADA 9 | Oliveirense vs. DEPORTIVO LICEO (20 de febreiro)
  • XORNADA 10 | DEPORTIVO LICEO vs. Trissino (27 de febreiro)
Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Copa: “O Benfica é un equipo moi reforzado”

O míster verdibranco é perfectamente consciente do potencial do Benfica, “un equipo moi reforzado en tódalas liñas”, así como de que o seu debe mellorar varios aspectos trala derrota recente ante o Reus.

De todos xeitos, confía no factor pista tanto neste encontro como na totalidade da segunda volta: “Nos partidos de Europa é moi importante xogar en casa, e na segunda volta imos ter tres”. Serán as visitas do Valongo, o Dinan Quévert e o Trissino (xornadas 7, 8 y 10).

A mesma lista que empezou 2025

Juan Copa contará para este partido cos mesmos homes que xogaron o pasado sábado ante o Reus Deportiu. Continúan as baixas de Pablo Cancela (ligamento cruzado) e Tato Ferruccio (pubalxia), mentres que o junior Jaime Méndez entrará de novo na convocatoria verdibranca.

  • Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Nil Cervera | 2 | 3 goles en OK Liga
  • Arnau Xaus | 3 | 13 goles en OK Liga e 1 en Champions, máximo anotador do Liceo
  • César Carballeira | 5 | 7 goles en OK Liga e 4 en Champions
  • Jacobo Copa | 7 | 3 goles en OK Liga
  • Dava Torres | Capitán, 8 | 6 goles en OK Liga e 1 en Champions
  • Fabri Ciocale | 9 | 3 goles en OK Liga e 1 en Champions
  • Bruno Saavedra | 13 | 3 goles en OK Liga e 2 en Champions
  • Jaime Méndez | 78

Tras esta proba, o Liceo deberá viaxar a Mollet del Vallés para pechar a primeira volta da OK Liga. Será ante o Voltregà, pero non na súa pista, debido á sanción recibida nas últimas datas. O encontro celebrarase no Pavilló Riera Seca (domingo 12, 12:30h).

Unha potencia europea

O Benfica afrontou o comezo do curso 24/25 co obxectivo de adaptarse a cambios importantes: principalmente o do banco, anteriormente ocupado por Nuno Resende e agora rexentado polo español Edu Castro (antigo técnico do Barcelona).

Imaxe: BENFICA.

Polo momento, os resultados son bos. A WSE Champions League é inmellorable con catro triunfos sobre catro partidos posibles, convertendo ó conxunto en líder do Grupo B. En canto ó Campionato Placard portugués, o Benfica marcha terceiro empatado a puntos co líder Porto, aínda que cunha xornada pendente.

É ademáis un equipo con marcada presenza de exliceístas. A Roberto Di Benedetto ou Lucas Ordóñez sumouse este verán Pau Bargalló, a gran incorporación do club dentro da sección. Únese a outros nomes potentes como Nil Roca, Diogo Rafael, Pedro Henriques ou João Rodrigues.

Edu Castro deberá viaxar a Galicia tras realizar dous descartes entre os seguintes xogadores:

  • Pedro Henriques | Porteiro, dorsal 1
  • Bernardo Mendes | Porteiro, 12
  • Zé Miranda | 3 | 5 goles en Liga e 2 en Champions
  • Diogo Rafael | Capitán, 4 | 3 goles en Liga e 1 en Champions
  • Martim Costa | 5
  • Viti | 7
  • Pau Bargalló | 8 | 13 goles en Liga e 3 en Champions
  • Lucas Ordóñez | 9 | 10 goles en Liga e 3 en Champions
  • Nil Roca | 24 | 4 goles en Liga e 4 en Champions
  • Roberto Di Benedetto | 68 | 6 goles en Liga e 2 en Champions
  • Gonçalo Pinto | 71 | 4 goles en Liga e 2 en Champions
  • João Rodrigues | 79 | 14 goles en Liga e 2 en Champions

Deixa un comentario