#LiceoBenfica | ENTRADAS para a 5º xornada da Champions 24/25

#LiceoBenfica | ENTRADAS para a 5º xornada da Champions 24/25

7 de xaneiro de 2025


O Deportivo Liceo recibirá ó Benfica o xoves 9 de xaneiro ás 20:30h e as entradas de público xeral terán un custo de 7€.

Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.

A WSE Champions League regresa este xaneiro cun gran partido de hockey. Deportivo Liceo e Benfica atoparanse na pista do Pazo dos Deportes (xoves 9, 20:30h) na que será a quinta xornada de Fase de Grupos, a metade dun camiño que dura ata 10.

Desde este momento xa están á venda as entradas de público xeral para este choque, que están dispoñibles online mediante o seguinte enlace de Cluber. O mesmo día do encontro, desde unha hora antes do seu comezo (19:30h), tamén estarán abertas as taquillas de Riazor con pases físicos. En ambas opcións, as entradas terán un único custo de 7€.

Socios y abonados gratis

Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet, tal e como ocorre na OK Liga. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo aplicará cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.

Se todavía non es socio aínda podes sumarte ó Deportivo Liceo 24/25: aquí contas con toda a información.

Portas abertas para os máis pequenos

Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.

Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licenza federativa:

Deixa un comentario