PREVIA WSE CHAMPIONS LEAGUE 23/24 (X6) | Despedirse con estilo

PREVIA WSE CHAMPIONS LEAGUE 23/24 (X6) | Despedirse con estilo

29 de febreiro de 2024


O Deportivo Liceo afrontará en Riazor e ante o Barça o seu último partido europeo da tempada.

Riazor recibirá ó Barcelona na última xornada de Fase de Grupos da WSE Champions League. Unha na que o Deportivo Liceo xa non conta con opcións matemáticas de clasificación, pero si con ganas de despedirse ó grande nun partido de iguais condicións (xoves 29, 20:30h).

A sexta data de competición estará dirixida polos árbitros portugueses Pedro Silva e Paulo Almeida. Como sempre, ademais de presencialmente nas gradas do Pazo dos Deportes, o partido poderase seguir en directo grazas ó streaming de europe.worldskate.tv. O mesmo fará a TVG 2 tanto na súa canle de televisión como na plataforma de A Galega (internet).

Fin do camiño

A travesía que empezou o 30 de novembro chega ó seu final. Será sen boas novas para o cadro verdibranco, xa que os seus dous puntos sumados ata agora no Grupo A distan moito dos oito que actualmente erguen a fronteira da clasificación.

O Deportivo Liceo de Juan Copa volverá a Riazor trala vitoria local ante o Lleida do pasado sábado. IMAXE: MANU BOUTUREIRA.

Sen embargo, os homes de Juan Copa si procurarán aproveitar a súa excelente racha (cinco triunfos seguidos na OK Liga) para darlle unha alegría ós afeccionados presentes.

Este foi o camiño percorrido polo Deportivo Liceo ata o momento:

  • XORNADA 1 | Barcelona vs. DEPORTIVO LICEO | 8-2
  • XORNADA 2 | DEPORTIVO LICEO vs. Barcelos | 2-4
  • XORNADA 3 | Forte dei Marmi vs. DEPORTIVO LICEO | 4-2
  • XORNADA 4 | DEPORTIVO LICEO vs. Forte dei Marmi | 3-3
  • XORNADA 5 | Barcelos vs. DEPORTIVO LICEO | 4-4
  • XORNADA 6 | DEPORTIVO LICEO vs. Barcelona (29 de febreiro)

Os encargados de loitar polos tres últimos puntos en xogo serán practicamente os mesmos que lograron as cinco alegrías seguidas na competición doméstica. Continuará a baixa de Bruno Saavedra pero si regresará Tomás Pereira, que na recente vitoria ante o Lleida debeu manterse á marxe por un forte proceso vírico.

Polo tanto, os dez xogadores que dirixirá Juan Copa serán os seguintes:

  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
  • Sito Ricart | 2 | 3 goles na WSE Champions League e 7 na OK Liga
  • Tomás Pereira | 4 | 1 gol na WSE Champions League e 4 na OK Liga
  • César Carballeira | 5 | 24 goles na OK Liga, pichichi actual do Deportivo Liceo
  • Dava Torres | Capitán, 8 | 4 goles na WSE Champions League e 17 en OK Liga
  • Fabri Ciocale | 9 | 6 goles na OK Liga
  • Fran Torres | 44 | 4 goles na WSE Champions League e 4 na OK Liga
  • Guido Pellizzari | 54 | 1 gol na OK Liga
  • Pablo Cancela | 74 | 2 goles na WSE Champions League e 9 na OK Liga

Un rival forte para terminar

Fronte ó Liceo estará un Barcelona dominador na OK Liga. É o seu actual líder con só dous tropezos en forma de empates, aínda que o último foi a pasada fin de semana na pista do modesto Hockey Rivas. Non pasou do 3-3.

Pouca diferenza clasificatoria hai no Grupo A da Champions, onde o equipo comandado por Edu Castro tamén é o primeiro posicionado e esta vez de forma matemática. Acumulou 13 puntos de 15 posibles, cedendo un só empate na pista do Barcelos.

Os xogadores culés que cerrarán esta Fase de Grupos serán os seguintes, así como as súas estatísticas de tantos anotados:

  • Sergi Fernández | Porteiro, dorsal 10
  • Carles Grau | Porteiro, 58
  • Ignacio Alabart | 3 | 2 goles na WSE Champions League e 15 na OK Liga
  • Pau Bargalló | 8 | 4 goles na WSE Champions League e 18 na OK Liga
  • Sergi Panadero | Capitán, 9 | 5 goles na OK Liga
  • Xavi Barroso | 26 | 1 gol na WSE Champions League e 7 na OK Liga
  • Marc Grau | 28 | 3 goles na WSE Champions League e 17 na OK Liga
  • Sergi Llorca | 44 | 2 goles na WSE Champions League e 8 na OK Liga
  • Eloi Cervera | 72 | 3 goles na OK Liga
  • João Rodrigues | 78 | 9 goles na WSE Champions League e 33 na OK Liga
Rodrigues é o máximo realizador do Barcelona no que vai de tempada. Imaxe: FCB Hoquei.

Entradas a 5€ para público xeral

O público xeral conta con entradas online dispoñibles para este gran partido a través do seguinte enlace de Cluber. O prezo é de 5€ cada unha. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (19:30h) para a venda de pases físicos.

Como ocorrerá durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo pasa cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite dita situación.

Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo totalmente inmellorable.

Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións. En ambas será necesario acreditar debidamente cada situación nas portas:

Deixa un comentario