#SomosKoruños | Campaña de abonos 23/24

#SomosKoruños | Campaña de abonos 23/24

10 de xullo de 2023


Haberá tres modalidades diferentes de carnets. Os máis pequenos entrarán gratis a tódolos partidos se cumpren unha dun total de dúas condicións.

No Liceo somos de aquí. #SomosKoruños e estamos orgullosos. O novo curso 23/24 terá de novo como obxectivo loitar pola gloria, pero sen esquecer de onde vimos. Para iso precisaremos a axuda de tódolos Liceístas, compañeiros indispensables para que o noso barco chegue a bo porto.

A campaña de abonos 23/24 xa é unha realidade e consistirá en tres modalidades diferentes de carnets. Serán as mesmas que nos cursos pasados, con facilidades e prezos inmellorables que permitirán desfrutar do mellor hockey coruñés a todos aqueles que o desexen.

  • SOCIO INDIVIDUAL: Contará cun prezo de 30€ durante os primeiros quince días da campaña. É dicir, ata o 25 de xullo (incluido). A partir do 26 de xullo o prezo será de 40€.
  • SOCIO FAMILIAR: Terá un valor de 60€ e permitirá incluir ata un máximo de catro carnets.
  • SOCIO PROTECTOR: O prezo ascende a 250€ que permiten ata cinco carnets e unha camiseta asinada por todo o plantel do Liceo.

Os pases permiten a entrada a tódolos partidos do primeiro equipo no Pazo dos Deportes, así como ós do conxunto de OK Bronce.

Poden formalizarse nas oficinas do club, situadas no Colexio Liceo La Paz, en horario de 9:00h a 13:00h e de 16:30h a 19:00h.

Para darse de alta e renovar tamén haberá, como é habitual, a opción en liña vía CLUBER mediante o seguinte enlace:

https://t.ly/_Mjo

Portas abertas para os máis pequenos

Os Liceístas máis pequenos, como ocorreu no curso 22/23, continuarán coa opción de entrar de balde a Riazor se cumpren un de dous requisitos.

Este ano serán os seguintes:

  • Alumnos do Colexio Liceo La Paz de tódalas idades.
  • Poseedores dunha ficha federativa de hockey sobre patíns (ata 12 anos).

Únete ó Liceo 23/24! Sintámonos orgullosos do que somos e de onde vimos. Axúdanos a loitar ata o final!

Deixa un comentario