Fran Torres amplía a súa vinculación co Deportivo Liceo

Fran Torres amplía a súa vinculación co Deportivo Liceo

28 de febreiro de 2024


O talentoso arxentino, membro importante do equipo de Juan Copa, continuará de verdibranco dúas tempadas máis.

Francisco Torres Merin (Mendoza, Arxentina, 2004) continuará defendendo as cores do Deportivo Liceo, polo menos, durante dous anos máis. ‘Tombita’ amplía así a súa vinculación co club verdibranco e seguirá sendo unha das pezas importantes do conxunto dirixido por Juan Copa.

O talentoso xogador arxentino de 19 anos aterrizou na Coruña en plena adolescencia, momento no que se integrou na base do Liceo. Grazas á súa excelente habilidade, Tombita (pertencente a unha familia de xogadores de hockey) avanzou polas categorías do club ata chegar ó primeiro equipo. Actualmente, o dorsal 44 é un dos xogadores de plena confianza do técnico Juan Copa.

Torres conta tamén con experiencia nas inferiores da selección arxentina, coa que chegou a ser campión do mundo sub-19. Ocorreu nos World Roller Games do ano 2022 ó vencer por 4-1 ó combinado italiano.

Agradecemento a A Barbería Coruña

O Deportivo Liceo suma así unha renovación de contrato máis, trala anunciada fai uns meses dos capitáns Dava Torres e César Carballeira. Unha na que debemos agradecer sinceramente o apoio de A BARBERÍA CORUÑA, compañeiros de viaxe do Deportivo Liceo. Grazas por camiñar ó noso carón!

Deixa un comentario