7 de decembro de 2024
O Deportivo Liceo recibirá ó equipo de Edu Candami (domingo 8, 12:00h) coa posibilidade de sumar a quinta vitoria ligueira consecutiva.
Riazor pode ser o escenario que amplíe o gran estado de forma do Deportivo Liceo. Juan Copa logrou este xoves en Quévert o seu triunfo número 200 como adestrador verdibranco, mentres que o domingo o equipo pode axenciarse o quinto consecutivo nesta OK Liga. O sexto en total xuntando a WSE Champions League. O encargado de loitar para impedilo será o Caldes (domingo, 12:00h).
Décima data de Fase Regular, unha que estará dirixida polos árbitros Rubén Fernández García e David Calonge Barrio con José de Castro Rufián como auxiliar. Con entrada de balde para socios e abonados, pero tamén con pases de público xeral todavía á venda vía Cluber e nas taquillas do Pazo (desde as 11:00h, unha hora antes do encontro).
Últimos 7 días de 2024
A do Caldes será a última visita dun equipo a Riazor no que queda de ano. Sen contar esta, restan todavía dúas probas para pechar o hockey de 2024, pero ambas serán fóra da casa: unha na do Valongo (xoves 12, 21:00h de España) e outra na do Vilafranca (domingo 15, 12:30h).
Tras este só restarán dous partidos para finalizar o hockey de 2024
A acción de 2025 regresará o día 4 de xaneiro, data na que o Reus Deportiu viaxará ó Pazo dos Deportes de Riazor. Será a duodécima xornada da OK Liga e enfrontaranse os que actualmente son segundos (Reus, 19 puntos) e terceiros (Liceo, 18) na táboa.
Dúbida do capitán
Juan Copa lidiará ata o final coa disponibilidade ou non de Dava Torres, que xa non puido viaxar a Francia para disputar o encontro de Champions contra o Dinan Quévert. A decisión definitiva tomarase na previa máis inmediata do partido.
Contando coa hipótese da súa entrada, ademais de coa baixa de longa duración de Pablo Cancela, estes serían os dez homes que loitarían polos tres puntos fronte ó Caldes:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2 | 3 goles en OK Liga
- Arnau Xaus | 3 | 10 goles, máximo anotador do Liceo
- César Carballeira | 5 | 5 goles en OK Liga e 3 en Champions
- Jacobo Copa | 7 | 1 gol en OK Liga
- Dava Torres | 8 | 2 goles en OK Liga
- Fabri Ciocale | 9 | 3 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Bruno Saavedra | 13 | 1 gol en OK Liga e 2 en Champions
- Tato Ferruccio | 77 | 1 gol en OK Liga e 3 en Champions


A perigosidade constante del Caldes
O de Edu Candami é case que un equipo de autor. O duradeiro técnico do Caldes afronta esta tempada un dobre reto tanto na OK Liga como na WSE Cup.
Actualmente ocupan a novena posición da Fase Regular nacional con 10 puntos sumados, aínda que a igualdade da zona media provocaría que unha victoria lles puidera subir ata a quinta. Mellor é a situación en Europa, onde encarrilan a súa eliminatoria contra o Riba d’Ave portugués.
Con David Gelmà e Biel Pujadas como grandes estandartes goleadores, estes serán os dez xogadores que patinarán na pista de Riazor:
- Arnau Martínez | Porteiro, dorsal 1
- Héctor Sánchez | Porteiro, 10
- Marc González | 9 | 3 goles en OK Liga
- Arnau Serra | 14
- Lluc Vila | 25 | 1 gol en OK Liga
- Biel Pujadas | 47 | 7 goles en OK Liga e 1 en WSE Cup
- Marcos Blanque | 55 | 1 gol en OK Liga e 2 en WSE Cup
- Xavier Gurri | 57 | 1 gol en OK Liga
- Adrià Ballart | 72 | 1 gol en OK Liga
- David Gelmà | 96 | 10 goles en OK Liga e 2 en Champions