Juan Copa: “Todos temos moitas ganas de volver a competir”

Juan Copa: “Todos temos moitas ganas de volver a competir”

A tan só oito días do comezo da OK Liga 20/21, Juan Copa atendeu ós compañeiros de Radio Marca nunha entrevista con diversas frontes abertas. O xornalista Jesús Sobrino falou co técnico do Deportivo Liceo sobre esta atípica pretempada, a confección do plantel, a situación sanitaria ou a cancelación da Copa do Rei, entre outros temas.

Copa, que afrontará un novo ano como máximo responsable do equipo liceísta, asegurou que a motivación dos seus muchachos non é precisamente baixa: “Todos temos moitas ganas de competir de novo. Foi unha pretempada longa. Facía moita falta o feito de reencontrarnos. Estivemos traballando moi ben estas últimas semanas”. Tivo tamén moi boas palabras para as dúas incorporacións, César Carballeira e Jordi Adroher: “César é da casa e está onde debe estar, nunha posición que necesitábamos. Jordi é un xogador top que aportará veteranía e bola parada, dous aspectos que facían falta. Técnicamente é o mellor do mundo”. Copa tamén falou sobre as cesións de Facu Bridge e Fabri Ciocale, necesarias para que gocen de “máis minutos, pero sempre coa porta aberta para o seu regreso”.

“Técnicamente, Jordi é o mellor do mundo”

Foron meses complicados debido á situación sanitaria, e por esa razón o míster liceísta puxo o acento na necesidade de atar ben a seguridade dos deportistas: “Hai un protocolo, pero ao que hai que dar unha volta. Non temos tanta capacidade económica como noutros deportes, onde sí poden facerse PCRs cada 72 horas”. Añadiu: “Debemos estar preparados para todo. Agardo que todo vaia ben, pero pode ocorrer calquer contratempo. A responsabilidade individual será fundamental”.

Copa tamén foi preguntado en Radio Marca sobre o final da anterior OK Liga e o formato da que vén: “Son dos que di que hai que aceptar as decisións, pero non esquecer a quen as toma. Non nos gustou nada a que se tomou a tempada pasada. Encararemos a que vén con ganas, pero non será o mesmo sen playoff”. O adestrador do Deportivo Liceo tamén confirmou que o clube traballa para que o aforo permitido de 300 persoas no Pazo dos Deportes poida ser maior.

Por outra parte, Juan Copa tamén opinou sobre a cancelación da Copa do Rei: “Un evento deste nivel necesita público. Creo que se tomou unha boa decisión”.

Deixa un comentario