O Liceo lanza a súa Campaña de Abonados para a tempada 20/21

Os carnets, xa dispoñibles, divídense en tres tipos: individual, familiar e protector.
imagenabonos

A escasos días do comezo da OK Liga, o Deportivo Liceo pon en marcha a Campaña de Socios correspondente á tempada 20/21. Un curso atípico no que, máis que nunca, será clave o apoio de todo aquel que simpatice ou simpatizara en algún momento coas cores do club.

Desde xa mesmo, os interesados en adquirir abonos do Liceo poderán facelo a través de tres modalidades diferentes de carnet. Todos eles permitirán a asistencia aos partidos da OK Liga e a Liga Europea, sempre que as circunstancias sanitarias o permitan. A inscripción pódese levar a cabo de manera online a través da plataforma Siguetuliga.

As modalidades son as seguintes:

  • CARNET INDIVIDUAL, cun coste de 25 euros.
  • CARNET FAMILIAR, cun coste total de 40 euros e válido para un máximo de 4 socios.
  • CARNET DE SOCIO PROTECTOR, cun coste de 100 euros. Máximo de 5 persoas incluidas.

Con todo esto, os menores de 10 anos non pagarán no momento de facerse socio. O Deportivo Liceo, por outra parte, resérvase o dereito a establecer dous días do club: un de OK Liga e outro de Liga Europea.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario