A etapa como liceísta de Fabri Ciocale (Buenos Aires, 1998) vivirá un pequeno paréntese. O xogador arxentino deixará A Coruña de forma temporal para disputar a presente tempada a préstamo no Hóquei Clube Braga, previa renovación co DEPORTIVO LICEO. Portugal será un lugar para seguir medrando.
Formado nas filas de Vélez Sarsfield, Ciocale chegou a A Coruña en 2016 para defender a elástica verde. Ó mesmo tempo, vestía a albiceleste en diversas competicións internacionais.
A pesar do movemento, o arxentino continúa a ser unha grande aposta de futuro para o club. Toda a familia liceísta deséxalle a maior das sortes neste breve alto no camiño que, sen dúbida, rematará con Fabri vestindo de novo as cores do Deportivo Liceo.
#NonÉUnAdeus 💚
— Hockey Club Liceo (@HockeyclubLICEO) August 23, 2020
🎬 FABRI CIOCALE analizou a súa cesión e renovación en @hockeyglobal: pic.twitter.com/ulrMQ0ytoE