Ampliación de contrato e cesión para Facu Bridge

Ampliación de contrato e cesión para Facu Bridge

A fórmula de renovación e cesión aplicada no caso de Fabri Ciocale, que xogará este ano no HC Braga, atopou outro protagonista na figura de Facu Bridge. O xogador arxentino, nado en 1999, amplía o seu compromiso co DEPORTIVO LICEO antes de unirse baixo préstamo ás filas do Riba d’Ave luso.

Facu chegou ó Liceo no 2018 coa etiqueta dunha das maiores promesas do hockey do seu país. Alternou o OK Plata co primeiro equipo, e á vez defendía as cores albicelestes nas súas categorías inferiores. Tamén logrou vestir a camisola do combinado absoluto nunha Copa de Nacións.

Tal e como ocorre con Fabri Ciocale, Facu Bridge continúa a ser unha firme aposta de futuro para o Deportivo Liceo. A familia verde deséxalle o mellor neste paréntese, que precederá a máis aparicións co conxunto coruñés.

Deixa un comentario