Entradas para a dobre cita liceísta do sábado 29

Entradas para a dobre cita liceísta do sábado 29

Este sábado 29 de xaneiro promete ser un gran día de Liceísmo. En menos de 48 horas, o Pazo dos Deportes de Riazor será a sede de dous partidos do hockey de máis alto nivel e poderás disfrutalos por 5€ ou incluso de xeito gratuito. As edicións feminina (vs. Igualada, 17:00h) e masculina (vs. Calafell, 20:00h) da OK Liga agardan!

A continuación, toda a información referente ás entradas e á normativa sanitaria de acceso ó recinto. Preparáronse os tres camiños habituais de adquisición de pases.

Abonados do Real Club Deportivo

O primeiro deles está novamente destinado ós abonados beneficiarios do convenio co Real Club Deportivo. Haberá 500 pases dispoñibles sen máis custo que o tempo adicado á xestión, a realizar mediante o seguinte link de Cluber:

Na chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo. Serán indispensables para poder acceder.

Socios do Deportivo Liceo

O segundo escenario aplicarase ós socios do Deportivo Liceo, que deberán mostrar o código QR do seu carnet dixital á hora de entrar. Será a medida habitual mentres se xestionen os pases físicos. Polo tanto, neste caso non será necesaria maior xestión.

Público xeral

Por outra parte, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas a un prezo de 5€ cada unha. Adquiriranse de xeito online mediante outra ligazón de Cluber:

Agardámosvos no Pazo para un gran día de Liceísmo!

IMPORTANTE | Normativa sanitaria de acceso

Ademáis de presentar os documentos anteriores, tamén será necesario un paso máis. Trala publicación do DOGA do 17 de decembro esíxese que, nas instalacións deportivas que esperen unha afluencia superior a 200 espectadores, se comprobe antes do acceso que os asistentes maiores de 12 anos estén en posesión dalgún documento que acredite unha destas situacións:

  • Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Reglamento (CE) nº 726/2004.
  • Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas no caso dos tests de antíxenos. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán están enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01 do Consello de Europa.
  • Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa debe ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 fai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, non sendo válido outro tipo de test.

Liceístas, agradecemos a vosa responsabilidade e paciencia. En mans de todos está que poidamos seguir disfrutando sen problemas de Riazor. Xa queda menos!

Deixa un comentario