CRÓNICA | Derrota en Reus (5-4)

O Deportivo Liceo cae a falta de vinte segundos tras un partido de grande intensidade.

Xogada correspondente ó partido da primeira volta. Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

O partido foi un espectáculo que podía caer de calquer lado. Fíxoo do lado do Reus. O Deportivo Liceo, polo tanto, foi derrotado por vez número 2 nesta OK Liga, aínda que mantén a segunda praza e un gran rexistro de puntos (47 sobre 57).

O guion, irónicamente, non puido empezar mellor. Dava Torres, aínda cun xenial estado de forma, tardou un par de minutos en inaugurar o marcador e colocar a vitoria parcial. Superou nun man a man a un Ballart moi esixido polos xogadores verdibrancos, de bo rendemento ofensivo. Aínda así, Carles Grau tamén debeu estar atento a potencias como Raúl Marín ou Marc Julià.

O Palau d’Esports acolleu un partido de grande intensidade

Jordi Adroher encargouse de dobrar a vantaxe de directa, posterior a unha azul a Sergi Aragonès. A especialidade do Mago. Á diana sucedeulle un xogo máis equilibrado pero, a falta de catro minutos, Julià anotou o 1-2 tras unha xogada colectiva de gran factura.

Remontada do Reus

A segunda metade foi, obxectivamente, unha oda ó deporte. Ó Reus serviulle para remontar grazas a dous estelares Raúl Marín e Sergi Aragonès. O primeiro batiu a Carles tras unha directa excelente e o segundo estableceu o 3-2.

Àlex Rodríguez anotou inmediatamente un gol fantasma non concedido polos colexiados e, cinco minutos despois, Marín sacouse da manga outra directa maxistral. Os homes de Juan Copa, iso si, reaccionaron. Dava Torres, no 44 e no 50, empatou. Lamentablemente, Aragonès anotou o 5-4 a falta de 20 segundos.

Agora o Deportivo Liceo vivirá un parón de dúas semanas na OK Liga. Regresará o 5 de marzo, día no que o Barça visitará o Pazo dos Deportes.

FICHA TÉCNICA

REUS: Càndid Ballart; Sergi Aragonès, Marc Julià, Raúl Marín, Diego Rojas (quinteto inicial), Ferran Giménez, Joan Salvat, David Gelmà, Checo Compagno e Martí Zapater.

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; César Carballeira, Dava Torres, Roberto Di Benedetto, Àlex Rodríguez (quinteto inicial), Jordi Adroher, Marc Grau, Jordi Burgaya, Maxi Oruste e Martín Garaboa.

ÁRBITROS: González González e Díaz Cosme. Mostraron cartón azul ó local Sergi Aragonès e ó visitante César Carballeira.

GOLES: 0-1 (Dava Torres, min. 2). 0-2 (Jordi Adroher, min. 11). 1-2 (Marc Julià, min. 21). 2-2 (Raúl Marín, min. 31). 3-2 (Sergi Aragonès, min. 34). 4-2 (Raúl Marín, min. 40). 4-3 (Dava Torres, min. 44). 4-4 (Dava Torres, min. 50). 5-4 (Sergi Aragonès, min. 50).

Xornada 19 da OK Liga 21/22. Palau d’Esports de Reus.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario