O Deportivo Liceo encarrila o pase

FOTOS: HOCKEY GLOBAL O Deportivo Liceo deberá esperar para certificar o seu pase aos cuartos de final da liga Europea. A pesar da vitoria cultivada #ante o Saint Omer, os de Juan Copa deberán empatar como mínimo no próximo choque #ante un Forte dei Marmi que venceu ao Oliveirense, abrindo así aos herculinos a posibilidade … Ler máis

O Liceo reacciona ao grande

O Deportivo Liceo reaccionou ao grande tras a derrota cultivada a pasada semana ante o Noia en Riazor. Lonxe de levantar dúbidas, os pupilos de Juan Copa deron un paso á fronte na súa visita á pista do Palafruguell na que os tantos de Dava (3), Roberto dei Benedetto e Marc Grau, en dúas ocasións, … Ler máis

Subidón antes de visitar o Palau

Golpe sobre a mesa o conseguido esta noite polo Deportivo Liceo na visita á sempre complicada pista do Reus. Os pupilos de Juan Copa realizaron un dos partidos máis serios da tempada ante un rival que non puido nunca coa boa formulación defensiva dos visitantes, que controlaron en todo momento a Alex Rodríguez e Marc … Ler máis

Unha vitoria que achega os cuartos

O Deportivo Liceo deu un paso de xigante para estar nos cuartos de final de competición europea tras imporse na pista do Saint Omer (2-5), e despois da vitoria de Oliveirense ante o Forte dei Marmi, que deixa aos herculinos segundos no grupo D con 6 puntos, por detrás do cadro portugués (9), pero con … Ler máis

Outra folla no calendario

Fotos: Hockey Global O Deportivo Liceo arrincou outra folla no calendario de Ok Liga, e fíxoo cunha nova vitoria (11 de 12) ante un Caldes que demostrou durante moitos minutos os motivos polos que chegaba a Riazor sen coñecer a derrota no últimas sete xornadas de campionato. O tanto inicial de Facu Bridge (40 segundos) … Ler máis

“Coa Copa gaña o noso club, gaña a cidade, a provincia e Galicia”

O vicepresidente do Deportivo Liceo, Emilio Fernández, agradeceu o respaldo das administracións e dos patrocinadores para facer posible que A Coruña sexa a sede na que se celebre a Copa do Rei e da Raíña de hóckey masculina e feminina sobre patíns 2019-2020. Ademais, o directivo herculino lembrou que o evento permitirá “seguir dando pasos” … Ler máis

O Deportivo Liceo suma e sigue

FOTOS: David Aparicio / Diari de Girona Oitavo triunfo consecutivo para un Deportivo Liceo que durmirá unha semana máis como líder da OK Liga tras venecer a un combativo CH Lloret Vila Esportiva. Nos primeiros compases de xogo, o os homes de Oriol Perarnau dispuxeron das primeiras ocasións de perigo real con saídas permanentes ao … Ler máis

Oriol Perarnau: “Para gañar ao Liceo necesitamos un día moi bo e que a eles non lles saian ben as cousas”

Oriol Perarnau fala con sinceridade. A dous días de que o seu equipo reciba ao DeportivoLiceo, o técnico, ata a tempada pasada xogador, do Lloret recoñece que para que os seus poidan sacar algo positivo desta xornada deberán sumarse varios factores ao seu favor. “Necesitamos ter un bo día e que a eles non lles … Ler máis

‘Un Partido unha Causa’ recada 360 euros para a fundación ‘Movember’

Foto: Hockey Global A iniciativa posta en marcha polo capitán do DeportivoLiceo, Dava Torres, ‘Un Partido unha Causa’ logrou recadar, no choque ante o Vic celebrado o pasado domingo, 360 euros que serán doados nos próximos días á fundación ‘Movember’. A través deste proxecto, ideado polo xogador coruñés e levado a cabo en colaboración co … Ler máis

Un DeportivoLiceo de récord

Fotos Hockey Global

FOTO: HOCKEY GLOBAL Intratable, con sete vitorias en sete partidos, o DeportivoLiceo comanda a Ok Liga con puño de ferro e cuns números que melloran en todo aos rexistros cultivados polo cadro herculino no sete primeiras xornadas dos campionatos dos últimos anos. Na actualidade, o líder en solitario da Ok Liga suma 21 puntos, marcou … Ler máis

O lider tira de paciencia

FOTO: Hockey Global “Custaranos moito ao principio”. As palabras de Juan Copa na previa do choque ante o Vic foron un presaxio do que sucedería ao día seguinte no palacio dos deportes de Riazor. Ante un rival que veu encerrarse, a non deixar correr ao rival e a tratar de cazar algunha contra para poñerse … Ler máis

Previa: DeportivoLiceo-Vic

Que siga a racha. Iso é o que buscará o DeportivoLiceo no choque que lle medirá ao Vic mañá domingo. Con seis vitorias consecutivas, os herculinos son conscientes da importancia de manter a boa dinámica de xogo e de resultados, sobre todo, tendo en conta que estarán arroupados pola súa afección. Unha afección que mañá … Ler máis