‘Un Partido unha Causa’ recada 360 euros para a fundación ‘Movember’

_DSC7011

Foto: Hockey Global

A iniciativa posta en marcha polo capitán do DeportivoLiceo, Dava Torres, ‘Un Partido unha Causa’ logrou recadar, no choque ante o Vic celebrado o pasado domingo, 360 euros que serán doados nos próximos días á fundación ‘Movember’.


A través deste proxecto, ideado polo xogador coruñés e levado a cabo en colaboración co club herculino, póñense en marcha diferentes actividades destinadas a conseguir que os afeccionados que acoden aos partidos de Riazor contribúan á causa elixida para cada xornada.


Desta maneira, o capitán liceísta elixe e deseña un bracelete único para cada ocasión, elaborado de maneira artesanal por un familiar que simboliza cada unha das diferentes entidades que participan neste proxecto. Ademais, Sergio Tomé –speaker do equipo- tamén pon o seu importante granito de area con todo o que ten que ver coa impresión e a venda das rifas coas que se conseguen os fondos. Nesta ocasión, ademais, Dava Torres salto á pista cun bigote, imaxe representantiva de ‘Movember’.

.

Movember Foundation é unha organización benéfica internacional comprometida con impulsar unha vida máis feliz, saudable e duradeira para os homes. Centra a súa investigación e servizos sanitarios en contribuír a que menos homes morran de cancro de próstata e ofrecer unha mellor calidade de vida a quen padecen a enfermidade.

Día e hora para recibir ao Oliveirense
No puramente deportivo, a xunta directiva do club ven de confirmar o día e a hora na que se celebrará o encontro da seguda xornada europea ante o Oliveirense en Riazor, que será o sábado 16 de novembro a partir das 20 horas.
Para esta cita, fundamental para o devir do club na competición internacional, levarán a cabo diferentes accións para que as bancadas de Riazor conten cun gran ambiente, do mesmo xeito que sucedeu na visita do Barça ao comezo da Ok Liga.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario