Subidón antes de visitar o Palau

Subidón antes de visitar o Palau

Golpe sobre a mesa o conseguido esta noite polo Deportivo Liceo na visita á sempre complicada pista do Reus. Os pupilos de Juan Copa realizaron un dos partidos máis serios da tempada ante un rival que non puido nunca coa boa formulación defensiva dos visitantes, que controlaron en todo momento a Alex Rodríguez e Marc Julià.

O choque púxose pronto de face para os herculinos que, cunha saída moito máis valente que a do cadro catalán, adiantáronse pronto cun tanto de Bruno dei Benedetto. Tras verse co marcador en contra, e coa entrada de Alex Rodríguez en pista, os locais empezaron a ameazar desde a distancia, pero os tiros do xogador do Reus sempre se atopaban cunha boa acción defensiva ou cunha gran resposta por parte de Carles Grau.

Sen pasar moitos apuros atrás, o Deportivo Liceo logrou o segundo gol tras unha acción un tanto afortunada na que Maxi Oruste terminou por introducir, coa axuda dun defensor, a bóla na meta de Ballart. Con dous goles de vantaxe, a segunda parte non puido comezar mellor para os coruñeses que aproveitaron un penalti transformado por Dava Torres para poñerse 0-3.

O partido entrou entón nun ida e volta no que os visitantes gozaron de varias contras para sentenciar, pero unhas veces a meta local e outras os paus (Roberto dei Benedetto, Dava e Maxi) evitaron que os de Copa finiquitaran o choque.

Sentíndose perdoados, os xogadores do Reus fóronse a por todas en procura dun tanto que lles metese no encontro. Aí emerxeu a figura de Carles Grau para soster ao seu equipo. A meta liceísta detivo ata tres penaltis a Alex Rodríguez, César Carballeira e Salvat, e desviou varios lanzamentos de lonxe moi perigosos. Non puido facer o mesmo cunha falta directa, que obrigou aos herculinos a botar man do seu gran defensa nos minutos finais, ata que Marc Grau terminou por finiquitar o choque e a vitoria liceísta antes da visita do domingo ao Palau.

Reus Deportivo Miró: Ballart, Pablo del Río, César Carballeira, Rafael Tiago y Marc Julià –Cinco inicial- Salvat, Bancells, Alex Rodríguez y Pablo Nájera

Deportivo Liceo: Carles Grau, Bruno di Benedetto, Roberto di Benedetto, Fabricio Ciocale y Dava Torres –cinco inicial- Maxi Oruste, Facu Bridge y Marc Grau.

Goles: 0-1 min 5: Bruno di Benedetto; 0-2 min 18: Maxi Oruste: 0-3 min 31: Dava Torres, de penálti; 1-3, min 38: Alex Rodríguez, de falta directa; 1-4, min 47: Marc Grau.

Colexiados: López Leitón-Godía Canaleta. Azuis: Roberto di Benedetto (min 21), César Carballeira (min 21). Marc Julià (min 36),Dava (min 38-43).

Incidencias: 13ª Xornada de la Ok Liga. Palau D’ Esports de Reus.

Deixa un comentario