Outra folla no calendario

Outra folla no calendario

Fotos: Hockey Global

O Deportivo Liceo arrincou outra folla no calendario de Ok Liga, e fíxoo cunha nova vitoria (11 de 12) ante un Caldes que demostrou durante moitos minutos os motivos polos que chegaba a Riazor sen coñecer a derrota no últimas sete xornadas de campionato.
O tanto inicial de Facu Bridge (40 segundos) puxo pronto as cousas de face para un cadro liceísta que desde o arranque quixo deixar claro que a derrota ante o Taradell era historia. Coa tranquilidade que supón verse en vantaxe, os de Copa foron capaces de controlar a un rival que apertou máis arriba que outros conxuntos que visitaron Riazor, pero que non puxo en apertos a Carles Grau ata a segunda parte.
Antes de chegar ao descanso, os locais había encarrilado a vitoria con tantos de Maxi Oruste e de Roby dei Benedetto, o primeiro ao cazar un bo pase de Marc Grau e o segundo cun disparo de lonxe.

O paso polo vestiario pareceu sentarlle algo mellor aos visitantes que, antes de acurtar distancias xa puxeron en apertos á meta herculino, que non puido facer nada ante un disparo de Ferrán Rosa.
O tanto pareceu darlle un impulso ao conxunto catalán que pensou entón que podía ‘rascar’ algo da súa viaxe á Coruña ata que Fabri Ciocale cazou un rexeite de Camps para facer o 4-1 e, sen tempo a refacerse, Roby dei Benedetto terminou de sentenciar o choque cun golazo que puxo o 5-1.

O segundo tanto visitante a falta de algo máis dun minuto quedou en anécdota nunha xornada na que o Deportivo Liceo demostrou que Riazor segue sendo un feudo infranqueable na Ok Liga antes de pensar xa no choque do sábado ante o Saint Omer.

FICHA DO ENCONTRO

Deportivo Liceo: Carles Grau, Facu Bridge, Maxi Oruste, Dava Torres y Franco Platero -cinco inicial-.Bruno di Benedetto, Roberto Di Benedeto, Marc Grau, Fabri Ciocale.

C.H. Caldes: Gerard Camps, Xavier Rovira, Ferrán Rosa, Alexandre Acsensi y Cristian Rodríguez –cinco inicial-Lluis Ricart, Álvaro Giménez, Marcos Blanque, Roger Acsensi.

Goles: 1-0, min 1: Facu Bridge; 2-0, min 11: Maxi Oruste; 3-0, min 18: Roby di Benedetto; 3-1, min 27: Ferrán Rosa;4-1, min 38: Fabri Ciocale; 5-1, min 39: Roby di Benedetto; 5-2 min 48:Giménez.

Colexiados: Sergi Mayor-David Cantos. Sin azules

Incidencias: 12ª Xornada da Ok Liga. Palacio de los deportes de Riazor.  2.000 persoas.

Deixa un comentario