O lider tira de paciencia

O lider tira de paciencia

FOTO: Hockey Global

“Custaranos moito ao principio”. As palabras de Juan Copa na previa do choque ante o Vic foron un presaxio do que sucedería ao día seguinte no palacio dos deportes de Riazor. Ante un rival que veu encerrarse, a non deixar correr ao rival e a tratar de cazar algunha contra para poñerse por diante, o DeportivoLiceo tivo que botar man da súa solidez defensiva para non conceder ocasións e, sobre todo, da súa paciencia no ataque de catro para catro para conseguir derrubar o muro catalán.

A base de insistir, e despois de Facu Bridge tivese a primeira nun man a man ante Burgalla, sería Marc Grau, nun movimento perfecto dentro do rectángulo, o que podería por diante aos seus. Co máis complicado conseguido, os locais aproveitaron a inferioridade do seu rival tras a azul vista por Carles Sánchez, para, antes do descanso e despois de Oruste marrase o libre directo, facer o segundo.
Tras o paso polos vestiarios, os locais saíron cunha marcha máis. Lonxe de confiarse, pronto, Platero, Dava Torres e outra vez Marc Grau puxeron unha vantaxe máis que definitiva ante un Vic que, por entón, xa non tiña outro plan que tratar de soportar da mellor maneira posible o ‘ballón’ liceísta alá polo minuto 40.
No tramo final, e con todo resolto, os locais deixáronse ir, unha circunstancia que aproveitou o cadro catalán para maquillar un resultado que mantén ao DeportivoLiceo no alto da táboa con pleno de vitorias no que vai de OkLiga.

DeportivoLiceo: Grau, Dava Torres, Facu Bridge, Platero y Maxi Oruste -cinco inicial- Roberto di Benedetto, Marc Grau, Ciocale, Bruno di Benedetto

Vic: Burgalla, Roger Font, Jaume Molas, Povedano, Jordi Urbano -cinco inicial- Le Berre, Arnau Font, Carles Sánchez.

Goles: 1-0, min 12: Marc Grau; 2-0, min 23: Oruste; 3-0, min 26:Platero; 4-0, min 32:Dava Torres; 5-0, min 39: Marc Grau; 5-1, min 42:Povedano; 6-1, min 45:Marc Grau; 7-1, min 46: Platero (penalti); 7-2, min 47:Povedano; 7-3, min 49: Le BerreÁrbitros: 

Colexiados: Rubén Fernández y Jorge Martínez. Mostraron tarjeta azul a CarlesSánchez.

Riazor: 1.500 personas

Declaracións de Juan Copa: “Sabiamos que ía ser complicado. Ante un equipo que se nos veu a encerrar atrás, que tivo un bo manexo de bóla nada máis empezar o partido. Non entramos ben, eles estaban a se gardar ben coa bóla, non nos deixaban correr. Logo creo que tivemos a paciencia suficiente para poder romper o partido, chegado ao descanso cun 2-0, sendo sólidos atrás. No inicio da segunda parte, conseguir ese terceiro e cuarto tanto que creo que nos deixou un partido máis tranquilo do que aparentaba. Grazas a toda a xente que vén, que cada días somos máis, que non saben o importante que é para nós ter este aspecto no pavillón”.

Deixa un comentario