¡Xoga a Copa con nós!

Liceísta, ¿queres participar como voluntario na Copa do Rei e da Raíña dos días 10, 11, 12 e 13 de xuño?

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

¿Queres vivir unha experiencia única en primeira persoa? A cidade de A Coruña celebrará durante os vindeiros días 10, 11, 12 e 13 de xuño un evento clave: a Copa do Rei e da Raíña de hockey sobre patíns, na que participarán os mellores xogadores de Europa. Se desexas formar parte dunhas datas tan importantes, podes facelo apuntándote como VOLUNTARIO.

Para iso só deberás escribir a gerencia@hockeyclubliceo.com, adxuntando un currículum persoal. Así, formarás parte do grupo que convertirá ó Pazo dos Deportes de Riazor no centro neurálxico do hockey nacional e mundial. Ademáis, tódolos voluntarios levarán de agasallo unha sudadeira conmemorativa da Copa.

¡Desde o Deportivo Liceo animámoste a axudar e a vivir algo irrepetible con nós!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario