Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).
As Copas do Rei e da Raíña, a disputar en A Coruña do 10 ó 13 de xuño, xa teñen data de sorteo: o xoves 20 de maio ás 12:30h. Nun acto a celebrar no Concello da cidade e con retransmisión de OKLIGA.TV, membros da Real Federación Española de Patinaxe formarán os cadros de ambas competicións.
Na Copa de categoría masculina, con participación do Deportivo Liceo, haberá catro cabezas de serie: o propio Liceo, o Barcelona, o Reus Deportiu e o Caldes. Non se poderán enfrontar entre eles nos cuartos de final. Os cruces de semifinais emparellarán ós vencedores dos cuartos de final que xoguen o primeiro e o cuarto clasificado por un lado (Liceo e Caldes) e os do segundo e o terceiro por outro (Barcelona e Reus).
Completan a Copa do Rei o resto dos oito mellores clasificados da OK Liga na súa primeira volta: Lleida, Voltregà, Noia e Girona.